Andoa escura
Andoa escura | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Boletus badius' Fr. (1832) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Xerocomus badius |
A andoa escura[1] Boletus badius, ou Xerocomus badius é un fungo basidiomiceto (tipo boleto) da familia Boletaceae, que medra en bosques de coníferas, e menos frecuentemente en bosques de follosas, das rexións temperadas de Europa e América do Norte, preferentemente en solos acedos. O corpo frutífero abrolla dende finais do verán até finais do outono. É comestíbel, aínda que menos apreciado ca outras especies do xénero, pola súa carne menos firme e compacta. O epíteto específico "badius" significa "marrón bonito".
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O cogomelo do Boletus badius ten un chapeu de entre 6 e 10 centímetros de diámetro, puidiendo chegar a acadar os 15 centímetros, carnoso, regular e hemisférico ou convexo ao principio e case achatado en exemplares máis maduros. A súa cutícula é algo viscosa en lugares con alta humidade relativa, glabro e de cor parda acastañada, ás veces case negra. Os tubos son regulares, amarelentos ou averdados e collen unha cor azulada ao tocalos. O pé do corpo frutífero mide de 5 a 12 cm de longo e de 1 a 5 cm de largo, é robusto fibroso e máis claro ca o chapeu, aínda que toma unha cor un chisco máis escura na base. A carne é branca ou amarelenta, de cor parda xusto por baixo da cutícula e toma unha cor lixeiramente azul ao cortala. O seu sabor é doce e ten un recendo moi feble. A esporada é marrón oliva.
Posibilidades de confusión
[editar | editar a fonte]É posíbel confundilo coa andoa moura (Boletus aereus), cuxa carne é inmutábel, ou co Gyroporus castaneus, tamén comestíbel, cuxo pé é cavernoso (característico dos fungos do xénero Gyroporus, ten poros brancos e non toma cor azulada a o cortar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Boletus (xénero)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andoa escura |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Andoa escura |