Anderson Mazoka
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1943 Monze, Zambia (pt) |
Morte | 24 de maio de 2006 (63 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Causa da morte | insuficiencia renal |
Educación | Union College (–1969) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Unido para o Desenvolvimento Nacional (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Mutinta C. Mazoka |
Anderson K. Mazoka, nado en Monze o 22 de marzo de 1943 e finado en Xohanesburgo o 24 de maio de 2006, foi un político zambiano, presidente do Partido Unido para o Desenvolvemento Nacional (UPND), un dos principais partidos do país. Foi candidato presidencial nas eleccións xerais de 2001, na que obtivo o segundo lugar.
Vida
[editar | editar a fonte]Mazoka naceu en Monze. Asistiu á Union College en 1969, onde se graduou en enxeñaría mecánica. Na súa tese de grao, Mazoka deseñou e construíu un túnel aerodinámico en tan só 10 semanas. O túnel, cuxa construción chamou a atención dos medios de comunicación, encheu o soto da Facultade de Ciencias e Enxeñaría e estivo en uso durante tres décadas.[1]
Nas eleccións presidenciais realizadas o 27 de decembro de 2001, quedou en segundo lugar co 26.76 % dos votos, sendo derrotado por Levar Mwanawasa, presidente do Movemento por unha Democracia Multipartidaria (MMD), quen obtivo o 28.69 % dos votos.
Mazoka faleceu o 24 de maio de 2006, debido a unha insuficiencia renal en Xohanesburgo, Suráfrica. Tiña 63 anos. Foi sucedido como presidente do UPND por Hakainde Hichilema.[2]
Estivo casado con Christine Mutinta e tiveron tres fillos biolóxicos: Mutinta, Pasina, Anderson Jr., e dous adoptivos: Machenje e Lundu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mazoka '69, former Zambian presidential candidate, dies". Union College. 2 de xuño de 2006. Consultado o 23 de xuño de 2016.
- ↑ "Hichilema, novo presidente de Zambia" (Nota de prensa). Consultado o 20 de marzo de 2024.