Anabaena azollae
Anabaena azollae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anabaena azollae cun heterocisto de Azolla sp. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
Anabaena azollae Strasburger, 1884 |
Anabaena azollae é unha especie de cianobacteria da orde das nostocales, familia das nostocáceas, unha das comprendidas no xénero Anabaena.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1884 polo botánico alemán Eduard Strasburger.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Anabaena.
O epíteto específico, azollae, refírese á coñecida relación simbiótica das especies do xénero Anabaena coas dos fieitos do xénero Azolla.[2]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse polo sinónimo Trichormus azollae (Strasburger) Komárek & Anagnostidis.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Anabaena azollae, presente en rexións temperadas, tropicais e subtropicais, é unha cianobacteria filamentosa fototrófica que ten a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico. Esta bacteria vive en simbiose mutualista con fieitos acuáticos de auga doce do xénero Azolla aos que subministran o nitróxeno así fixado a cambio de moléculas sintetizadas polas plantas.
A asociación simbiótica entre fieitos do xénero Azolla e Anabaena azollae é utilizada polos humanos para fertilizar campos de arroz, principalmente en Asia. Os fietos cultívanse como fertilizante verde e incorpóranse ao solo antes da sementeira, ou como cultivo combinado co arroz en campos de arroz inundados.[4]
É capaz de fixar de 100 a 200 kg/ha/ano de nitróxeno. Utilizase sobre todo na China, en Vietnam e na India para fertilizar os arrozais.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Roskov Y. et al. 2020: Anabaena azollae Strasburger, 1884 en Species 2000 & ITIS. Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ Anabaena azollae en glosbe.com (en inglés).
- ↑ Anabaena azollae Strasb. no GBIF. Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ Stefano Bocchi & Antonino Malgioglio (2010): "Azolla-Anabaena as a Biofertilizer for Rice Paddy Fields in the Po Valley, a Temperate Rice Area in Northern Italy". International Journal of Agronomy 2010: 1–5. (Texto completo).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anabaena azollae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anabaena azollae |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Purushottam Subedi & Jiban Shrestha (2015): "Improving soil fertility through Azolla application in low land rice: A review". Azarian Journal of Agriculture 2 (2): 35-39. (Texto completo) Arquivado 16 de setembro de 2021 en Wayback Machine..
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anabaena azollae en microbewiki (en inglés) Ampla información.
- Anabaena azollae na Enciclopedia Británica.