Saltar ao contido

Ana Miranda Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Miranda Paz

Ana Miranda (2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Ana María Miranda Paz Editar o valor en Wikidata
2 de maio de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Cuntis, España Editar o valor en Wikidata
Eurodeputada

16 de xullo de 2024 –

Circunscrición electoral: España

Eurodeputada

5 de setembro de 2022 – 15 de xullo de 2024
← Pernando Barrena

Circunscrición electoral: España
Eurodeputada

28 de febreiro de 2018 – 1 de xullo de 2019
← Josu Juaristi

Circunscrición electoral: España
Eurodeputada

1 de xaneiro de 2012 – 9 de xullo de 2013
← Oriol JunquerasIñaki Irazabalbeitia ⊟

Circunscrición electoral: España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - dereito
Universidade Católica de Louvain
Universidade da Coruña
Universidade de Passau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, xurista, avogada Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Participou en
2015Freedom Flotilla III (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm9975228 Facebook: anamirandapaz Twitter: anamirandapaz Instagram: ana_mirandapaz BUSC: miranda-ana Editar o valor en Wikidata

Ana María Miranda Paz, nada en Cuntis o 2 de maio de 1971 e asentada en Vigo, é unha política nacionalista galega. Foi deputada do BNG no Parlamento Europeo desde o 1 de xaneiro de 2012 até o 9 de xullo de 2013[1]. Formou parte do grupo parlamentario Alianza Libre Europea - Os Verdes[1]. Volveu ser eurodeputada no 2018 e o 2019 ocupando o escano rotatorio que acadou a coalición Os Pobos Deciden nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano 2014[2].

Traxectoria académica

[editar | editar a fonte]

A eurodiputada nacionalista galega é xurista experta en dereito comunitario e posúe unha longa experiencia no Parlamento Europeo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na de Passau (Alemaña) e especializouse en Dereito Europeo nas universidades da Coruña e Louvain-la-Neuve, realizando o "DES en Droit Européen et International", onde financiou os seus estudos como "au pair" entre 1997 e 1998. Entre 1998 e 1999 obtivo as bolsas "Leonardo" para realizar prácticas nunha consultora en Bruxelas e a bolsa de prácticas no Consello da Unión Europea nas áreas de política rexional e social. Políglota, é autora de numerosos artigos sobre dereitos humanos, relacións internacionais, migracións e asuntos europeos. Foi coordinadora dos monográficos sobre a Galiza global que se publicaron conxuntamente coa revista ReNova Galiza.

Actividade política

[editar | editar a fonte]
Ana Miranda, centro, con Xavier Vence, esquerda, e Camilo Nogueira, dereita, nunha protesta no 2014.

Na lexislatura europea 1999-2004 na que o BNG obtivo por primeira vez na historia un escano no Parlamento Europeo, foi asistente parlamentaria do eurodeputado Camilo Nogueira, exercendo a función de Responsábel Técnica da oficina parlamentaria. Desde 2003 ata 2007 exerceu responsabilidades orgánicas no BNG como Vicerresponsable de Emigración e coordinadora desta formación política para Europa e América Latina. Na lexislatura europea 2004 - 2009 representou ao BNG na coalición "Galeusca - Pobos de Europa" en Bruxelas, exercendo de asistente parlamentaria do deputado vasco Josu Ortuondo. A partir de 2005 foi a responsable da Comisión Nacional de Emigración do BNG. Desde 2007 ata a actualidade é unha das vicepresidentas do partido político Alianza Libre Europea (ALE)[3]

Candidata cabeza de lista polo BNG e segunda na lista Europa dos Pobos - Verdes nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano 2009, representou ao BNG no marco desa coalición na oficina do eurodeputado Oriol Junqueras. Logo da renuncia de Junqueras, feita en base ao acordo de coalición, o 21 de decembro de 2011 prometeu acatamento á constitución española por imperativo legal comprometéndose a 'defender os intereses de Galiza no Parlamento Europeo' diante da Xunta Electoral Central, en Madrid.[4]

Eurodeputada

[editar | editar a fonte]

Desde o 1 de xaneiro de 2012, e coincidindo co troco de presidencia a mediados da sétima lexislatura no Parlamento Europeo, Ana Miranda encetou o seu escano o 16 de xaneiro de 2012 en Estrasburgo, coa súa proclamación no pleno. As súas prioridades foron a participación da negociación dos fondos europeos 2014-2020, o sector naval, o sector agropecuario e o resto de actividades dos denominados sectores produtivos[5]. Permaneceu no escano até o 9 de xullo de 2013[1].

Papeleta dos candidatos do BNG-NÓS ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano 2014, representou ao BNG na coalición Os Pobos Deciden. O deputado acadado nas eleccións pola coalición ten carácter rotatorio, é Ana Miranda ocúpao desde o ano 2018 até o remate da actual lexislatura no ano 2019.[2] En outubro de 2018, foi unha das promotoras da resolución aprobada pola Eurocámara o 25 de outubro que insta ós estados membros a prohibir os "grupos neofascistas e neonazis e calquera outra fundación ou asociación que exalte e glorifique o nazismo e o fascismo". Esta medida implica unha petición a España para prohibir a Fundación Francisco Franco.[6]

Nas eleccións europeas de 2019, o BNG concorreu na coalición Agora Repúblicas xunto a Esquerra Republicana de Catalunya e EH Bildu, con Ana Miranda no quinto posto da lista. O BNG duplicou os votos que tivera en Galicia nas eleccións anteriores e a coalición conseguiu tres escanos. Dous deles foron ocupados por ERC en tanto que o outro foi ocupado de xeito rotatorio por Bildu (tres anos) e BNG (2 anos). Ana Miranda ocupou o escano no parlamento europeo o 5 de setembro de 2022.[7]

  1. 1,0 1,1 1,2 Perfil da eurodeputada Ana María Miranda Paz Páxina web do Parlamento Europeo. Consultado o 31 de xullo de 2015.
  2. 2,0 2,1 Ana Miranda: "A UE excluirá o xeito da prohibición das redes de deriva e non porque vaia Feijóo alí" Arquivado 01 de agosto de 2015 en Wayback Machine. www.elcorreogallego.es, 31/01/2015 (en castelán).
  3. Who's who - Members of the Bureau Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Páxina web da European Free Alliance. Consultado o 31 de xullo de 2015.
  4. Ana Miranda, do BNG, promete o cargo de eurodeputada por imperativo legal Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. www.galiciahoxe.com, 21/12/2011.
  5. "Mi primera iniciativa será contra el veto a construir en Navantia" elpais.com, 26/12/2011 (en castelán).
  6. Público, ed. (25 de outubro de 2018). ""Esta resolución es el 'nunca máis' de Europa al fascismo y la hemos encabezado mujeres"". Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  7. "Ana Miranda asegura que o escano do BNG na Eurocámara será "máis social, feminista e ecoloxista ca nunca"". Nós Diario. 2022-09-06. Consultado o 2022-09-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]