Ana María Sánchez de Ríos
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xaneiro de 1959 (65 anos) Lima, Perú |
Minister of Foreign Affairs of Peru (en) | |
2 de abril de 2015 – 28 de xullo de 2016 | |
Minister of Foreign Affairs of Peru (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Pontifícia Universidade Católica do Peru (pt) |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, avogada, política |
Premios | |
Ana María Liliana Sánchez Vargas de Ríos, nada en Lima o 28 de xaneiro de 1959, é unha diplomática peruana, avogada da Pontificia Universidade Católica do Perú[1] e licenciada en Relacións Internacionais da Academia Diplomática do Perú. Foi Ministra de Relacións Exteriores do Perú, desde o 2 de abril de 2015 até o 28 de xullo de 2016.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1980 ingresou no Servizo Diplomático do Perú. Foi promovida á categoría de embaixadora o 1 de xaneiro de 2013.[1]
Desempeñou funcións dentro do Ministerio de Relacións Exteriores do Perú na Subsecretaría de Política Exterior; na Dirección de América; na Dirección de Privilexios e Inmunidades; na Dirección Xeral de Administración; na Dirección de Cooperación Política e Integración; no Gabinete de Coordinación do Viceministro e Secretario Xeral; Directora de Desenvolvemento e Integración Fronteiriza; Directora de Integración-Asuntos Económicos; e foi Xefa do Despacho Ministerial de tres Chanceleres antes do seu nomeamento no posto.[1]
Cargos no Exterior
[editar | editar a fonte]No exterior serviu na embaixada do Perú en Hungría; no consulado do Perú en Sao Paulo; no consulado do Perú en Cidade de México; e na Representación Permanente do Perú na OEA.[1]
En febreiro de 2019 foi nomeada como embaixadora do Perú en Irlanda.[3] Presentou as súas cartas credenciais ao presidente Michael D. Higgins en maio do mesmo ano.[4]
Ministra de Relacións Exteriores
[editar | editar a fonte]O 2 de abril de 2015 xurou como Ministra de Relacións Exteriores, integrando o Consello de Ministros presidido por Pedro Cateriano Bellido, o sétimo do goberno do presidente Ollanta Humala Tasso. A cerimonia realizouse no Salón Dourado do Palacio de Goberno.[5] Co seu nomeamento converteuse na primeira muller da carreira diplomática do Perú en ser designada Chanceler (a súa predecesora, Eda Rivas Franchini, non era diplomática de carreira).[6] Un día antes fora nomeada embaixadora do Perú en Francia, designación que quedou sen efecto ao asumir a súa nova responsabilidade.[2]
Condecoracións
[editar | editar a fonte]- 2008: Orde Militar de Ayacucho, no grao de Comendador.[1]
- 2015: Dama gran cruz da Orde de Isabel a Católica (España)[7]
- 2015: Orde O Sol do Perú no grao de Gran Cruz
- 2015: Orde ao Mérito por Servizos Distinguidos no grao de Gran Cruz
- 2015: Orde ao Mérito do Servizo Diplomático do Perú José Gregorio Paz Soldán no grao de Gran Cruz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Ministra de Relaciones Exteriores del Perú" (en español). www.rree.gob.pe (Portal del MRE). 2 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "Ana María Sánchez reemplaza a Gonzalo Gutiérrez en Cancillería" (en español). www.rpp.com.pe (RPP Noticias). 2 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015.
- ↑ "Gobierno nombra nuevos embajadores".
- ↑ "Embajadora peruana presenta cartas credenciales al Presidente de Irlanda".
- ↑ "Pedro Cateriano asume como primer ministro en reemplazo de Jara". El Comercio. 2 de abril de 2015.
- ↑ "Gutiérrez habría renunciado por diferencias con Cateriano". El Comercio (versión impresa, A2). 3 de abril de 2015.
- ↑ Real Decreto 1092/2015, de 4 de diciembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica a autoridades de la República del Perú. Boletín Oficial del Estado (5 de diciembre de 2015)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana María Sánchez de Ríos |