Saltar ao contido

Anóbidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anobiidae (ou Ptinidae)

Stegobium paniceum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Bostrichiformia
Superfamilia: Bostrichoidea
Familia: Anobiidae
Fleming, 1821
xénero[1]
Sinonimia
  • Anobiini Stephens, 1830
  • Colposternini White, 1982
  • Euceratocerini White, 1982
  • Gastrallini White, 1982
  • Hadrobregmini White, 1982
  • Nicobiini White, 1982
  • Stegobiini White, 1982[2]

Os anóbidos ou Anobiidae (que nalgunhas clasificacións están dentro da familia Ptinidae) son unha familia de pequenos coleópteros polífagos coñecidos vulgarmente como trazas ou couzas da madeira, xa que perforan a madeira tanto en estado natural coma en edificios (trabes, mobles etc.). Algunhas especies considéranse verdadeiras pragas, como Xestobium rufovillosum, Anobium punctatum e Lasioderma serricorne. Coñécense uns 1 800 xéneros distribuídos por todo o mundo.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Existen tres grandes grupos de escaravellos dentro da superfamilia Bostrichoidea: Bostrichidae, Anobiidae e Ptinidae. Estes grupos sufriron frecuentes cambios na clasificación xerárquica desde a súa creación. Foron tratados como unha soa familia, tres familias independentes, dúas familias chamadas Bostrichidae e Anobiidae (con Ptininae como subfamilia de Anobiidae), ou dúas familias denominadas Bostrichidae e Ptinidae (cos Anobiidae dentro de Ptinidae). A literatura máis recente trátaos como dúas subfamilias con nomes Bostrichidae e Ptinidae, mentres que os Anobiidae serían unha subfamilia de Ptinidae (Anobiinae).[4][5] [6] [7][8]

Características

[editar | editar a fonte]

O tamaño dos anóbidos oscila entre 1,5 e 9 mm de lonxitude e son predominantemente marróns, pardo-avermellados ou anegrados. O corpo é case sempre cilíndrico, ás veces arredondado e está recuberto por unha abundante pubescencia, que ás veces forma debuxos sobre os élitros. A cabeza está máis ou menos retraída e agochada baixo o pronoto; as antenas poden ser filiformes, aserradas ou pectinadas; os ollos son grandes. As patas son delgadas e nalgúns casos poden pregarse e ocultarse en sucos na parte inferior do corpo; os tarsos son pentámeros (con cinco artellos en todas as patas).

Bioloxía e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Madeira furada por Anobium punctatum.

As larvas desenvólvense en madeira morta, tanto natural coma traballada e, nese caso, poden producir graves estragos en trabes, artesoados, retablos, mobles, e mesmo en libros; reciben o nome común de trazas ou couzas. Xestobium rufovillosum mentres escava galerías na madeira produce uns golpiños audibles polo oído humano que parecen o tic tac dun reloxo.[9] Algunhas especies desenvólvense en fungos Xyletinus, produtos alimentarios (Stegobium) e mesmo en cigarros (Lasioderma).

Cando as larvas maduran, os adultos perforan a superficie da madeira e seguidamente a abandonan; son bos voadores e espállanse buscando lugares favorables para a posta; as femias depositan os ovos nas gretas da madeira.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

A familia inclúe os seguintes subgrupos (subfamilias e xéneros):

Sinónimos:

  1. Lawrence, J. F. & Newton, A. F., Jr. 1995. Families and subfamilies of Coleoptera (with selectes genera, notes, references and data on family-group names). In: Pakaluk y Slipinski (Eds.). Biology, phylogeny and classification of Coleoptera: Papers celebrating the 80th birthday of Roy A. Crowson. Muzeum i Instytut Zoologii PAN, Warszawa. Pp. 779-1006. ISBN 83-85192-34-4.
  2. http://www.biolib.cz/en/taxon/id9834/
  3. Español, F. 1992 Coleoptera: Anobiidae. Fauna Ibérica, vol. 2. Museo Nacional de Ciencias Naturales, CSIC, Madrid, 195 pp.
  4. Bell, Karen Leanne; Philips, T. Keith (2011). "Molecular systematics and evolution of the Ptinidae (Coleoptera: Bostrichoidea) and related families" (PDF). Zoological Journal of the Linnean Society 165: 88–108. doi:10.1111/j.1096-3642.2011.00792.x. 
  5. Löbl, Ivan; Smetana, Aleš (2007). Lobl, I.; Smetana, A., eds. Catalogue of Palaearctic Coleoptera. Volume 4: Elateroidea - Derodontoidea - Bostrichoidea - Lymexyloidea - Cleroidea - Cucujoidea. ISBN 978-87-88757-67-5. doi:10.1163/9789004260894. 
  6. Bouchard, Patrice; Bousquet, Yves; Davies, Anthony E.; Alonso-Zarazaga, Miguel A.; et al. (2011). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys (88): 1–972. ISSN 1313-2989. PMC 3088472. PMID 21863053. doi:10.3897/zookeys.88.807. 
  7. Arango, Rachel A.; Young, Daniel K. (2012). "Death-watch and spider beetles of Wisconsin (Coleoptera: Ptinidae)" (PDF). General Technical Report FPL-GTR-209. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2018. Consultado o 02 de febreiro de 2023. 
  8. "Ptinidae Family Information". BugGuide.net. Consultado o 2018-08-27. 
  9. Zahradník, J., 1990. Guía de los Coleópteros de España y de Europa. Omega, Barcelona, 570 pp. ISBN 84-282-0781-X
  10. Español, F.; Viñolas, A. (1995). "Neoxyletobius g. n. para Xyletobius oculatus Sharp, 1881 (Coleoptera, Anobiidae, Xyletininae)". Misc. Zool. 18: 51–56. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]