Saltar ao contido

Amoexa, Antas de Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amoexa
Igrexa parroquial de Santiago de Amoexa.
ConcelloAntas de Ulla[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°44′46″N 7°50′54″O / 42.746, -7.8482
Poboación71 hab. (2019)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Amoexa é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2009 tiña 88 habitantes (46 mulleres e 42 homes), 23 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Amoexa, tamén pronunciado Amonxa, é un hidrónimo con base na raíz indoeuropea *am-.[2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situada ao sur do concello. Ten medianas explotacións leiteiras e como importantes extensións de terreo dedicadas ao cultivo de castiñeiros novos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santiago de Amoexa data de finais do século XII.[3] Ten unha nave rectangular e ábsida semicircular. Presenta canzorros laterais con motivos xeométricos. Ao carón da nave principal ten un amplo cuberto soportado por tres piares de cantería asentados nun baixo valado. Na ábsida sobresae a fiestra en arco de medio punto, con arquivolta que descansa nun par de columnas acodilladas. Os capiteis desas columnas están laboriosamente decorados.

Celebra as festas patronais dedicadas á Virxe do Rosario.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Amoexa

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Amoexa no concello de Antas de Ulla (Lugo)

Amoexa | Caira | Casilmoure | Outeiro de Amoexa | Pereiras | Ribó

Parroquias de Antas de Ulla

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Antas de Ulla

Agüela (San Mamede) | Alvidrón (Santa María) | Amoexa (Santiago) | Antas de Ulla (San Xoán) | Árbol (Santalla) | Arcos (Santa María) | Areas (Santa Cristina) | Barreiro (San Cibrao) | Casa de Naia (Santa María) | A Cervela (San Miguel) | Cibreiro (San Miguel) | Cutián (San Xoán) | Dorra (Santiago) | Facha (San Xiao) | Olveda (Santa María) | Peibás (San Lourenzo) | Queixeiro (San Pedro) | Reboredo (Santiago) | O Rial (Santo André) | San Fiz de Amarante (San Fiz) | San Martiño de Amarante (San Martiño) | Santa Mariña do Castro de Amarante (Santa Mariña) | Santiso (Santalla) | Santo Estevo do Castro de Amarante (Santo Estevo) | Senande (San Miguel) | Terra Chá (San Xurxo) | Vilanuñe (San Salvador) | Vilapoupre (San Martiño)


  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 21-22. ISBN 978-84-17807-36-8.Santiso Arias&rft.btitle=Toponimia de Antas de Ulla&rft.date=2023&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-17807-36-8&rft.pages=21-22&rft.place=A Coruña&rft.pub=Real Academia Galega&rft_id=https://doi.org/10.32766/rag.420&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  3. Igrexa de Amoexa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]