Alxeciras
Algeciras (es) | |||||||||||||
Localización | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
Estado | España | ||||||||||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||||||||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||||||||||
Capital de | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 123.639 (2023) (1.437,66 hab./km²) | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Parte de | |||||||||||||
Superficie | 86 km² | ||||||||||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||||||||||
Altitude | 20 m | ||||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Precedido por | |||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• Alcalde | José Ignacio Landaluce | ||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | 11200–11209 | ||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Prefixo telefónico | 956 | ||||||||||||
Código INE | 11004 | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||
Sitio web | algeciras.es | ||||||||||||
Alxeciras[1] (en castelán: Algeciras) é unha cidade e municipio do sur de España, situado no Campo de Xibraltar, provincia de Cádiz, Andalucía.
Está situada na baía de Alxeciras, un enclave xeográfico estratéxico por acharse no estreito de Xibraltar, lugar de contacto entre o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Esta situación fixo que posea o porto marítimo con maior tránsito de persoas e mercancías entre Europa e África, concretamente entre España e Marrocos[2].
Alxeciras con 121.414 habitantes é o décimo municipio de Andalucía e o segundo da provincia en termos de poboación, tras Xerez da Fronteira e por diante da capital provincial, Cádiz.[3]
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome Algeciras procede do árabe الجزيرة الخضراء Al-Yazira al-Jadrā', "a illa verde", pola illa que se encontraba na súa costa antes de ser anexionada polo porto.[4] Tamén podería proceder de الجزائر Al-Yazā'ir ("as illas"). Este nome naceu no ano 711 cos primeiros musulmáns que chegaron á Península Ibérica. Anteriormente, na época romana a cidade situada no que actualmente é o centro da cidade denominouse Iulia Traducta, nome que fai referencia a que foi poboada por disidentes ao Imperio Romano procedentes de Tánxer. Aparece designada tamén como Tingentera, interpretada como Tingis altera ou "a outra Tingis", e como Iulia Ioza en púnico.[5]
O xentilicio é "alxecireño-a". Como outras cidades da zona (La Línea, Xibraltar, Ceuta etc.) os seus cidadáns teñen un xentilicio particular popular, así aos alxecireños chámanselle "especiales", segundo pode ser, porque na zona dábase no pasado un viño chamado Especial.
Demografía
[editar | editar a fonte]1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
19.417 | 21.431 | 25.671 | 52.732 | 66.317 | 81.662 | 86.042 | 101.556 | 104.087 | 115.333 |
Economía
[editar | editar a fonte]Alxeciras é o motor comercial da comarca. As súas industrias principais son a petroquímica e a pesca. O porto de Alxeciras é o máis importante de España en tráfico total de mercadorías, cun movemento total de 74,8 millóns de toneladas en 2008.[6]
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]- Fornos Romanos de El Rinconcillo
- Factoría de salgaduras da rúa San Nicolás (s.I)
- Restos da Mesquita Aljama (s.VIII)
- Parque Arqueolóxico das Murallas Meriníes (s.XIII)
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]- Praza Alta de Alxeciras
- Praza Juan de Lima
- Vila Vella de Alxeciras
- Acueduto de Alxeciras
- Mercado de abastos de Alxeciras
- Escola de arte
Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]- Capela de Nosa Señora de Europa
- Igrexa de Nosa Señora da Palma
- Capela da Caridade
- Capela do Santo Cristo da Alameda
Zonas verdes
[editar | editar a fonte]- Parque María Cristina
- Parque das Acacias
- Parque do Saladillo
- Parque do Centenario
Cultura
[editar | editar a fonte]- Museo municipal de Alxeciras
- Museo de Arte Sacra
- Teatro Florida
- Fundación Municipal de Cultura José Luis Cano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alxecireño. Consultado o 28-12-2013.
- ↑ "Memoria anual do Porto de Alxeciras 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de maio de 2009. Consultado o 02 de novembro de 2009.
- ↑ Algeciras supera a Cádiz y es ya la segunda ciudad de la provincia, artigo en Europa Sur (en castelán).
- ↑ Henrique Florez (1752). España Sagrada: Theatro geographico-histórico de la Iglesia de España. Oficina de Antonio Marín. p. 36.
- ↑ Pascual Madoz (1845). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Establecimiento Literario-tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti.
- ↑ "O porto de Alxeciras segue liderando o Sistema Portuario Español". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alxeciras |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concello de Alxeciras (en castelán).
- Arquivo Municipal de Alxxeciras (en castelán).
- Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras Arquivado 30 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán).