Alvar Aalto
Hugo Alvar Henrik Aalto, nado en Kuortane o 3 de febreiro de 1898 e finado en Helsinqui o 11 de maio de 1976[1], foi un arquitecto e deseñador finlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun enxeñeiro agrícola. Estudou arquitectura na Universidade Tecnolóxica de Helsinqui (1916-1921). Abriu o seu primeiro estudio en 1923 en Jyväskylä. En 1924 casou coa tamén arquitecta Aino Marsio. A viaxe de vodas a Italia supuxo o encontro coa cultura mediterránea que tanta influencia tería na súa obra. En 1927 trasladouse a Turku onde construíu a sede do xornal que converte no seu manifesto arquitectónico. Posteriormente fixou a súa residencia en Helsinqui.
En 1940 trasladouse ós Estados Unidos, onde foi profesor de arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). No 1950 volveu a Finlandia, despois da morte da súa muller.
Aalto tamén deseñou mobles e cristais. Defensor do funcionalismo e da arquitectura orgánica. Os seus edificios intégranse harmoniosamente na paisaxe, co que forman un todo arquitectónico, a madeira e o ladrillo foron os materiais preferidos. Deseñou 200 proxectos dos que a metade foron realizados.
O Museo finlandés de Arquitectura e a Asociación Finlandesa de Arquitectos (SAFA) estableceu en 1967 o Premio Alvar Aalto na súa honra.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]Arquitectura
[editar | editar a fonte]- Sanatorio de Paimio 1928-1929.
- Edificio do xornal Turun Sanomat, 1928-1930.
- Hospital de Zagreb 1931.
- Biblioteca de Viipuri 1927-35.
- Biblioteca de Vyborg 1933-35.
- Cidade de Sunila, 1934-35.
- Pavillón de Finlandia na Exposición de París, 1937.
- Vila Mairea en Noormarkku 1937-1939.
- Pavillón de Finlandia na Exposición de Nova york, 1939.
- Casa Baker (Residencia universitaria), Cambridge, Massachusetts 1947-48.
- Universidade Tecnolóxica de Helsinqui, en Espoo 1949-1966.
- Casa do concello de Säynätsalo[2] 1950-52.
- Casa da Cultura, Helsinqui 1952-58.
- Museo de Aalborg 1958-62.
- Igrexa de Vouksenniska 1959.
- Ópera de Essen 1964.
- Biblioteca Rexional de Laponia, Rovaniemi 1965.
- Palacio Finlandia en Helsinqui 1970-71.
Obxectos e mobiliario
[editar | editar a fonte]- Banqueta Y-leg Stool, producido por Artek (1946-1947).
- Banqueta Model No. 60 y 69, porducido por Artek (1932-1933).
- Hamaca Model No. 43 e cadeira Model No. 406, producido por Artek (1936).
- Cadeira "Paimio" o Model No. 41, producido por Artek (1930-1931).
- Cadeira Model No. 31, producido por Artek (1931-1932.
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía e obras de Alvar Aalto en epdlp.com (en castelán).
- ↑ Ficha, fotografías e planos do concello de Säynätsalo en greatbuildings.com (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Alvar Aalto |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alvar Aalto |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diciopedia do século 21. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alvar Aalto Fundation Páxina web oficial da Fundación Alvar Aalto (en inglés) (en finés).
- Alvar Aalto's Savoy Vase (1936) (en inglés)