Alto forno
Un alto forno é unha construción utilizada na siderurxia, de tamaño variábel, e de forma aproximadamente cilíndrica, feita de aceiro revestido internamente con material refractario, onde é fundido o mineral de ferro a fin de transformalo en ferro-gusa.
Funcionamento
[editar | editar a fonte]O alto forno baséase no feito de que o silicio indesexábel e outras impurezas, son máis leves do que o ferro fundido, o seu produto principal, designado por ferro-gusa. O forno é construído na forma semellante a unha cheminea, nunha estrutura alta feita con ladrillos refratarios. Coque, pedra calcaria e mineral de ferro (óxido de ferro) son inseridos no topo. O ar chega pola base. Este fornecimento de ar permite a combustión do carbón no seu interior. Isto reduz o óxido a metal que, ao ser máis denso, se concentra na parte inferior do forno. A natureza exacta da reacción é: