Saltar ao contido

Altea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAltea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°36′00″N 0°02′56″O / 38.6, -0.0489
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaMarina Baixa Editar o valor en Wikidata
CapitalAltea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23.820 (2023) Editar o valor en Wikidata (691,84 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie34,43 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude61 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónBrais de Sebaste Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03590 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03018 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03018 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Houffalize (pt) Traducir
Sušice (pt) Traducir
Türi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 25

Páxina webaltea.es Editar o valor en Wikidata

Altea é unha poboación e un concello valenciano da comarca da Marina Baixa, na costa da provincia de Alacant. O municipio tiña 22.648 habitantes en 2007, sobre unha área superficial de 34,40 km².

O concello de Altea linda cos de L'Alfàs del Pi, La Nucia e Callosa d'en Sarrià (na Marina Baixa) e con Calp, Benissa e Xaló (na Marina Alta).

Rúa en Altea

As primeiras noticias de poboamento na zona veñen dadas polos depósitos arqueolóxicos da cultura ibera e dos romanos que se acharon no termo, así como dos restos dun acueduto romano denominado “Els Arcs” (Os Arcos). Durante a época musulmá a poboación medrou nos arredores do Río de Algar (ou da Salut), nos que se formaron as "alcarías" (casais) de Albalat, Beniasquer e Benimussa, citados no Llibre del Repartiment (Libro do Repartimento); politicamente pertenceu á taifa de Dénia, conquistada polo rei Xaime I de Aragón en 1244. Repoboada con cristiáns cataláns, obtivo carta de poboación en 1279 consonte ao foral de Valencia.

A torre de Bellaguarda, non lonxe do río, protexía no século XV un poboado (identificado coa actual Altea la Vella), asentado ao pé da serra de Bèrnia. Cara a metade do século aparece o "locum et castrum" de Altea sobre o poder xurisdicional da baronía de Calp, Teulada e Benissa, cando o titular, Francesc de Palafox, desexou reedificalo e fortalecelo. Así nas Cortes valencianas de 1604 dise que o señor da baronía "ha fet una vila nomenada Altea, cercant-la ... en la qual està comprès lo castell nomenat de Altea, olim de Bellaguarda" (fixo unha vila nomeda Altea, cercándoa, na cal está comprendido o castelo dito de Altea ou de Bellaguarda). No 1617, Jaume de Palafox outorga escritura de nova poboación, pola que cede os dereitos da propiedade útil en enfiteuse a 48 familias. É a nova e actual vila de Altea, cun "asiento en la pendiente de un montecillo, a modo de una piña". En 1705 a baía de Altea acolle a escuadra angloneerlandesa, e o reitor Martí Morales e máis o vigairo Jaume Ripoll, xunto coa veciñanza, apoian o desembarco de Basset e doutros seguidores do arquiduque Carlos. Altea facilitou así a toma de Dénia e de Valencia. O século XVIII marca a auxe agrícola, pesqueira, comercial e demográfica, acabando a centuria con 5.000 habitantes. En dito século, polo menos trescentos alteáns servían na mariña real. Durante o XIX a vida oficial e comercial trasladouse para o núcleo urbano próximo do mar, que se consolidou no século XX.

Baía de Altea

Demografía e economía

[editar | editar a fonte]

A poboación, 22.648 habitantes en 2007, está repartida entre os 3 núcleos que hai no seu termo, de 34,4 km²: Altea, Altea la Vella e L’Olla. A agricultura, cítricos e nespereiras e a pesca de arrastre constituíron a base da súa economía, pero desde os anos da década de 1950, o turismo impulsou o crecemento, e converteuse no factor económico máis importante.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Altea está asentada nunha baía, que cerran a Punta de Albir e o Morro Toix, protexida pola serra de Bèrnia. Ofrece un casco antigo aínda abondo conservado que foi refuxio de artistas e intelectuais. A costa posúe praias de grava e cantís de grande encanto paisaxístico. O río do Algar atravesa e rega o municipio; a Serra Gelada co faro de Altea; a cima de Bèrnia (1.121 m); os illotes de Pila e da Olla; as praias da Olla; Cap Negret, coa Cova del Frare, o Portet e a Cala del Soio; as calas da Roda e a de Cap Blanc. A 3 km sitúase Altea la Vella.

Igrexa da Nosa Señora da Consolación

Edificios de interese

[editar | editar a fonte]

A poboación estivo amurallada e posúe un castelo, mais o crecemento urbanístico non deixou case restos visíbeis. O mesmo sucedeu en Altea la Vella, que tiña un pequeno castelo, coñecido como o Castellet do que non fica nada.

O patrimonio artístico presenta:

  • Igrexa da Mare de Déu del Consol (Nosa Señota da Consolación), con cúpula de cerámica azul e branca, que orixina unha das postais máis coñecidas da Marina.
  • Torre de Bellaguarda, torre vixía construída no século XVI, hoxe rehabilitada.
  • Torre Galera, outra torre vixía, de planta circular, actualmente reformada e de propiedade particular.
  • Mosteiro da Olla.
  • San Francisco.
  • Santa Ana, en Altea la Vella.
  • Museo Kritikian de Ciencias Naturais.
  • Museo Ramón Navarro.
  • Museo Rocafort (Museo do automóbil)
  • Pazo das Artes de Altea - Museo étnico da música
  • Campus de Belas Artes da Universidade Miguel Hernández.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

A gastronomía de Altea baséase no arroz, presentado a banda, en caldeiro, ao forno, con fabas e polbo (amb fesols i polp), empedrado. Como cabe a unha vila mariñeira e mediterránea, o marisco e o peixe, preséntanse en fritido ou grellado ou na especialidade da zona, "el cruet".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]