Almacén de datos
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
No contexto da informática, un almacén de datos (do inglés data warehouse) é unha colección de datos orientada a un determinado ámbito (empresa, organización etc.), integrado, non volátil e variable no tempo, que axuda á toma de decisións na entidade na que se utiliza. Úsase para reportaxes e análises de datos e considérase un compoñente meollo da intelixencia empresarial.[1] Trátase, sobre todo, dun expediente completo dunha organización, máis aló da información transaccional e operacional, almacenado nunha base de datos deseñada para favorecer a análise e a divulgación eficiente de datos (especialmente OLAP, procesamento analítico en liña). O almacenamento dos datos non debe usarse con datos de uso actual. Os almacéns de datos conteñen a miúdo grandes cantidades de información que se subdividen ás veces en unidades lóxicas máis pequenas dependendo do subsistema da entidade do que procedan ou para o que sexan necesario.
Data marts
[editar | editar a fonte]Os Data marts son subconxuntos de datos dun data warehouse para áreas específicas.
Entre as características dun data mart destacan:
- Usuarios limitados.
- Área específica.
- Ten un propósito específico.
- Ten unha función de apoio.
Vantaxes e inconvenientes dos almacéns de datos
[editar | editar a fonte]Vantaxes
[editar | editar a fonte]Hai moitas vantaxes polas que é recomendable usar un almacén de datos. Algunhas delas son:
- Os almacéns de datos fan máis fácil o acceso a unha gran variedade de datos aos usuarios finais
- Facilitan o funcionamento das aplicacións dos sistemas de apoio á decisión tales como informes de tendencia, por exemplo: obter os ítems coa maioría das vendas nunha área en particular dentro dos últimos dous anos; informes de excepción, informes que mostran os resultados reais fronte aos obxectivos expostos a priori.
- Os almacéns de datos poden traballar en conxunto e, por tanto, aumentar o valor operacional das aplicacións empresariais, en especial a xestión de relacións con clientes.
Inconvenientes
[editar | editar a fonte]Utilizar almacéns de datos tamén expón algúns inconvenientes, algúns deles son:
- Ao longo da súa vida os almacéns de datos poden supor altos custos. O almacén de datos non adoita ser estático. Os custos de mantemento son elevados.
- Os almacéns de datos pódense quedar obsoletos relativamente pronto.
- Ás veces, ante unha petición de información estes devolven unha información subóptima, que tamén supón unha perda para a organización.
- A miúdo existe unha delgada liña entre os almacéns de datos e os sistemas operacionais. Hai que determinar que funcionalidades destes pódense aproveitar e cales se deben poñer en funcionamento no data warehouse, resultaría custoso poñer en funcionamento operacións non necesarias ou deixar de poñer en funcionamento algunha que si vaia a necesitarse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dedić, N. and Stanier C., 2016., "An Evaluation of the Challenges of Multilingualism in Data Warehouse Development" in 18th International Conference on Enterprise Information Systems - ICEIS 2016, p. 196.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ganczarski, Joe. Data Warehouse Implementations: Critical Implementation Factors Study. VDM Verlag, 2009. ISBN 3-639-18589-7, ISBN 978-3-639-18589-8
- Pyle, Dorian. Business Modeling and Data Mining. Morgan Kaufmann, 2003. ISBN 1-55860-653-X