Alguaire
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Ámbito funcional territorial | Ponent | ||||
Comarca | Segrià | ||||
Capital | Alguaire | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.012 (2023) (60,12 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 127 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 50,1 km² | ||||
Bañado por | Río Noguera Ribagorzana e Canle de Aragón e Cataluña | ||||
Altitude | 304 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Joan Guillaumet Illa (pt) (2024–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 25125 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 25016 | ||||
Código territorial IDESCAT | 250169 | ||||
Páxina web | alguaire.cat |
Alguaire é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña. Pertence á comarca do Segrià e tiña en 2014 unha poboación de 3.093 habitantes agrupados nas localidades de Alguaire e La Mata de Pinyana.
Historia
[editar | editar a fonte]En documentos do século IX aparece citado xa o topónimo de Alguaire. A reconquista do lugar correu a cargo de Ermengol VI de Urgell entre os anos 1145 e 1147. Entre 1149 e 1151, Ramón Berenguer IV realizou a doazón destas terras aos hospitalarios. En 1186, o rei Afonso II de Aragón o Casto cedeu a esta orde o castelo de Alguaire.
A partir de 1319, formou parte do Gran Priorado de Cataluña que máis tarde se converteu en baronía. En 1250 fundouse na vila o convento de damas hospitalarias do que aínda se conservan restos. A primeira comunidade do convento estivo formada por damas da nobreza, incluíndo á súa fundadora a Marquesa de Guàrdia. O cenobio recibiu numerosas doazóns en anos posteriores, entre elas o castelo de Casals cedido en 1424 por Afonso V de Aragón.
Aínda que o convento de Alguaire era de clausura, as monxas da comunidade seguían posuíndo a súa propia casa. En 1568 o papa Pío V tentou modificar este costume e instaurar a plena clausura pero non tivo éxito e as relixiosas continuaron residindo fose do convento. Durante a Guerra dos Segadores a comunidade trasladouse o Palacio Episcopal de Lleida e non regresaron a Alguaire ata 1653, atopando o edificio en moi mal estado. Finalmente trasladáronse ata Valldoreix aínda que seguiron conservando os dereitos de Alguaire ata o fin dos señoríos.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía baséase principalmente na agricultura, destacando o cultivo de froiteiros, e a gandería. No seu termo municipal atópase o aeroporto de Lleida-Alguaire.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alguaire |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)