Alfredo
Aparencia
Alfredo[1] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é xermánica, formado polas raíces góticas alj, talvez de aljis ‘outro’, co sentido ‘estranxeiro’ e mais *frith ‘paz'. En galego ten o hipocorístico Firuco.[1] A forma feminina é Alfreda.
En xaneiro de 2023 existían 2.575 varóns en Galicia co nome Alfredo, cunha media de idade de 59,8 anos.[2]
Outras linguas
[editar | editar a fonte]- Alfred: alemán, catalán, francés, inglés, sueco
- Alfréd: húngaro
- Alfredo: castelán, italiano, portugués
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Santo Alfredo de Hildesheim
- Alfredo o Grande
- Alfredo Conde
- Alfredo Di Stéfano
- Alfredo García Alén
- Alfredo Mazzone
- Alfred Hitchcock
- Alfred Nobel