Alfred Bosch
Alfred Bosch Pascual, nado en Barcelona o 17 de abril de 1961, é un profesor de Historia na Universidade Autónoma de Barcelona, ademais de novelista, ensaísta e político catalán. É un moi recoñecido dentro da literatura catalá contemporánea. No plano político está ligado a ERC.[1]
Vida
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Barcelona no ano 1984 e doutorado en Historia pola Universidade de Barcelona en 1994 (coa tese Nelson Mandela, l'últim Home-Déu), exerceu de profesor de Historia na Universidade Pompeu Fabra, na Universidade de Chicago, na Universidade de Londres, na Universidade de Ibadan (Nixeria), na Universidade de Witwatersrand (Suráfrica) e na Hood College (Washington).[2]
Escritor
[editar | editar a fonte]En ficción publicou un bo número de novelas, algún libro de relatos e ten colaborado en antoloxías. A súa narrativa adoita contar cunha traballada ambientación histórica, unha notable vocación viaxeira e un tratamento psicolóxico dos personaxes singular. Boa parte das súas obras están traducidas ao castelán, ao francés e ao portugués.
Como ensaísta, centrouse en reflexións sobre a realidade africana, pero tamén fixo incursións no debate sobre Europa e sobre a sociedade catalá.
Ten colaborado en diversos medios de comunicación de forma regular.
Político
[editar | editar a fonte]Entre os anos 2010 e 2011 foi o voceiro de Barcelona Decideix, plataforma transversal que organizou unha consulta popular sobre a independencia na cidade de Barcelona o 10 de abril de 2011.[Cómpre referencia]
O 20 de novembro de 2011 foi elixido deputado, como cabeza de lista de Esquerra Republicana de Catalunya en coalición con Reagrupament e Catalunya Sí, da X lexislatura ao Congreso dos Deputados.
Obras
[editar | editar a fonte]Novella
[editar | editar a fonte]- L'atles Furtiu, 1998. Premio Sant Jordi de novela
- Àlia la sublim, 2000
- L'Avi, 2001. Premio Nèstor Luján de novela histórica
- Trilogia 1714, 2002
- Les set aromes del món, 2004. Premio Ramon Llull de novela
- Heretaràs la Rambla, 2005
- Inquisitio, 2006. Premio Prudenci Bertrana de novela
Narracións
[editar | editar a fonte]- Fulls Impermeables, 1984
- Cronicàlia, 1986
- Herois d'Azània, 1996. Premio Documenta de narrativa
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Nelson Mandela, l'últim home-déu, 1995. Premio Carles Rahola de ensaio
- La via africana, 1997. Premio Joan Fuster de ensaio
- El imperio que nunca existió, 2001
- Europa sense embuts, 2002
- Catalans, 2006
- I Ara Què?, 2011
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Belmonte, Eva. El Mundo, ed. "Alfred Bosch: Un académico del independentismo". Elecciones Generales: ERC. Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ Nueva Economía Fórum, ed. (4/11/2011). "Alfred Bosch". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 15 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: Alfred Bosch |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfred Bosch |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alfred Bosch (en catalán)
- Ficha de Bosch (en catalán)
- Escritores de Cataluña
- Escritores en lingua catalá
- Personalidades da política de Cataluña
- Nados en Barcelona
- Nados en 1961
- Políticos de ERC
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona
- Profesores da Universidade Pompeu Fabra
- Profesores da Universidade de Chicago
- Profesores da Universidade de Londres
- Profesores da Universidade de Ibadan
- Profesores da Universidade de Witwatersrand
- Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona
- Alumnos da Universidade de Barcelona