Alfama
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Lisboa | |||
Cidade grande | Lisboa | |||
Freguesía | Santa Maria Maior | |||
Sen protección legal | ||||
Alfama é o máis antigo e un dos máis típicos barrios da cidade de Lisboa. Dende 2012, abrangue unha parte da freguesía de Santa Maria Maior[1] e outra da freguesía de São Vicente. O seu nome deriva do árabe al-hamma (الحمّة), que significa "fonte de augas quentes, augas boas’.
As vistas máis espectaculares sobre Alfama atópanse no paseo público formado polos miradoiros das Portas do Sol , da Torre da Igrexa de Santa Cruz do Castelo (a Torre máis alta da Lisboa antiga) e de Santa Luzia. Por cima e envolvendo Alfama están o outeiro do Castelo de San Xurxo, fortaleza e palacio real até o século XVI, e o outeiro de São Vicente. Ademais do castelo, os principais monumentos da zona son a catedral de Lisboa, a igrexa de Santo Estêvão e a igrexa de São Vicente de Fora.
Alfama é un barrio moi peculiar porque se asemella a unha aldea, no aspecto e por ter unha comunidade relativamente pequena e próxima. Tamén é coñecido polos seus restaurantes e casas de fado, así como polas festas dos santos populares, especialmente na noite de Santo Antonio de Lisboa, do 12 ao 13 de xuño.
Vistas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lei n.º 56/2012 (Reorganización administrativa de Lisboa). Diário da República, 1.ª Série, n.º 216. Data de acceso: 25/11/2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Araújo, Norberto de. "Peregrinações em Lisboa", libro X. Colecção Conhecer Lisboa, Vega, 2.ª edición de 1993.
- RAMALHO, Elsa Cristina et al. "As Águas de Alfama - memórias do passado da cidade de Lisboa".
- Santana, Francisco. "Dicionário da História de Lisboa". Lisboa, 1994.
- Silva, Cristina Santos. "Famílias de Alfama - Dinâmicas e Solidariedades Familiares num Bairro Histórico de Lisboa". Lisboa, Imprensa de Ciências Sociais, 2001. ISBN 9726710723.
- Zimler, Richard. "O Último Cabalista de Lisboa". Lisboa, 1996.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Guía de Alfama (en castelán)