Alfabeto vietnamita
O (chữ) quốc ngữ («escritura da lingua nacional») é unha romanización da lingua vietnamita que goza do estatuto de ortografía oficial. É un alfabeto latino aumentado con numerosos diacríticos que serven para notar tanto o valor fonético dalgunhas letras como os tons da lingua.
Orixes
[editar | editar a fonte]O quốc ngữ non é a máis antiga escritura do Vietnam. En efecto, esta desprazou antigas escrituras locais, como o chữ nôm, sistema de ideo-fonogramas formados a partir dos sinogramas e empregado entre o século – II e o século XX, así como o chữ Hán, «escritura chinesa», (ou chữ nho, «escritura culta»), que é simplemente chinés clásico; a lingua chinesa, en efecto, foi a lingua da administración e do poder durante a dominación chinesa (de -111 a 939 e durante a dinastía dos Nguyên que subiu ao poder en 1804, tras o golpe de estado liderado polo que ía converterse no emperador Gia Long, e foi abandonada oficialmente en 1954, data da abdicación de Bao Dai).
Desde 1527, xesuítas portugueses en misión e evanxelización no Vietnam empezaron a utilizar o alfabeto latino (de feito principalmente na súa versión portuguesa) para escribir a lingua local. É o xesuíta nado en Aviñón, Alexandre de Rhodes (1591-1660), o que compilou, mellorou e sistematizou os sistemas de transcrición dos seus predecesores misioneiros, especialmente Francisco de Pina, entre 1624 e 1644. A súa primeira obra imprimida na escritura latinizada actual é un dicionario vietnamita-portugués-latín aparecido en 1651, continuación dun dicionario portugués-vietnamita de Gaspar Do Amaral e António Barbosa.
Esta transcrición, que se volveu moi popular, conseguiu o estatuto de ortografía oficial da lingua en 1918 no sistema escolar francés destinado aos indíxenas (en competencia ata entón coas dúas outras escrituras) baixo a presión dos colonos franceses que desexaban:
- cortar de raíz os movementos independentistas ligados á intelligentsia que escribía en caracteres chineses;
- obter rapidamente intérpretes, relevo da acción dos colonizadores.
O quốc ngữ foi unha ferramenta de democratización da educación, xa que é máis doado de aprender que a escritura vietnamita tradicional que reclama unha aprendizaxe previa do chinés. É a escritura oficial das administracións vietnamitas desde 1954. O chinés foi conservado no seu estatuto de lingua oficial da 'administración imperial polos colonizadores.
Orde alfabética
[editar | editar a fonte]Cóntanse 37 grafemas (29 letras e 8 dígrafos)
Estrutura
[editar | editar a fonte]O quốc ngữ segue os mesmos principios có pinyin: a transcrición é fonolóxica e non fonética; a notación alfabética dunha lingua illante como o vietnamita disimula algúns feitos inherentes á estrutura silábica da lingua: os fonemas, en efecto, non están en distribución libre; cada elemento da sílaba, ataque, núcleo e coda, só pode ser ocupado por certos fonemas. A presentación do quốc ngữ de maneira alfabética precisa, pois, indicar que posición pode representar cada fonema. Para máis detalles, consultar o artigo «pronunciación do vietnamita».
Letras
[editar | editar a fonte]Cando un dígrafo se escribe sobre a mesma liña que unha letra simple, só se trata dun alógrafo contextual, que non ten o estatuto de carácter independente (á maneira do dígrafo do francés ge en geôle, que só representa «g suave» ante a, o e u). Os valores fonéticos indícanse en API. Cando se dan dous valores, o primeiro é o do vietnamita do norte, o segundo o do sur; como hai numerosas variacións dialectais, estes valores son os que se admiten máis comunmente.
Letra | Valor | Posición silábica | Letra | Valor | Posición silábica | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ataque | núcleo | coda | ataque | núcleo | coda | |||||
a | ɑ | X | ng, ngh | ŋ | X | X | ||||
ă | a | X | nh | ɲ | X | X | ||||
â | ɐ | X | o | ɔ | X | |||||
b | ɓ | ô | o | X | ||||||
c | k | X | X | ơ | ɤ | X | ||||
ch | c | X | X | p | p | X | X | |||
d | z, j | X | ph | f | X | |||||
đ | ɗ̺ | X | q(u) | k(w), g(w) | X | |||||
e | ε | X | r | z, ʒ | X | |||||
ê | e | X | s | s, ʃ | X | |||||
g, gh | ɣ | X | X | t | t | X | X | |||
gi | z, j | th | tʰ | X | ||||||
h | ɦ, h | tr | c, ʈ | X | ||||||
i | i | X | u | u | X | |||||
k | k | X | ư | ɯ | X | |||||
kh | x | X | v | v ou j | X | |||||
l | l | X | x | s | X | |||||
m | m | X | X | y | i | X |
Diacríticos
[editar | editar a fonte]Fundamentos
[editar | editar a fonte]Os diacríticos utilizados, á parte da barra inscrita do đ (letra que non hai que confundir cun edh ð xermánico), atinxen principalmente ás vogais:
- o circunflexo sobre â, ê e ô marca o carácter semipechado. É unha influencia directa da ortografía portuguesa;
- o corno sobre ơ e ư o carácter non redondeado;
- a breve só se atopa sobre ă.
Diacríticos para os tons
[editar | editar a fonte]O vietnamita estándar posúe seis tons, que se notan na escritura por medio de cinco diacríticos (non se representa o ton medio plano), o acento grave, o gancho inverso, o til, o acento agudo e o punto subscrito. Estes diacríticos engádense aos que levan, no seu caso, as vogais.
Os tons do vietnamita son descritos en detalle no artigo Pronunciación do vietnamita.
Nome | Tipo (rexistro: modulación) | Exemplo | Senso |
---|---|---|---|
ngang | medio: traînant | gai | espiña |
huyền | baixo: traînant | trà | té |
hỏi | medio: descendente-ascendente | hưởng | apreciar |
ngã | alto: ascendente glotalizado | mỹ | beleza |
sắc | alto: ascendente | có | ter |
nặng | baixo: descendente glotalizado | lại | vir |
Ortografía
[editar | editar a fonte]Os costumes das linguas románicas, particularmente os do portugués, atópanse na ortografía (os traballos de Alexandre de Rhodes, en efecto, retomaban os dos misioneiros portugueses):
- [k] escríbese q ante u para formar o dígrafo qu [kw], k ante as vogais anteriores e, ê e i, c doutro xeito;
- [ɣ] escríbese g ante as vogais posteriores, pero gh ante as anteriores;
- [ŋ] segue os mesmos principios: ng / ngh ;
- [ɲ] escríbese á portuguesa, nh.
A influencia portuguesa (e non «hispánica») na ortografía constátase facilmente:
- nh para [ɲ] (contra ñ hispánico);
- a utilización do til sobre vogais (que porén non notan a nasalización), procedemento que non coñecen as ortografías hispánicas;
- a utilización de x e s para [s] e [ʃ] (no sur), fonemas que remontan, segundo Nguyễn Ðình-Hoà (artigo «Vietnamese» da sección 59, «Adaptations of the Roman Alphabet», de The World's Writing Systems de Peter Daniels e William Bright), a [s̻] (/s/ laminal, que se parece a un [ʃ]) e [s] antigos, que os misioneiros notaron simplemente á portuguesa por x e s. A evolución fonética, con todo, fai que a ortografía sexa agora inversa con relación ao portugués;
- a utilización do acento circunflexo para marcar o carácter semi-pechado das vogais. Lembremos que en portugués â = ['ɐ], ê ['e] e ô ['o], exactamente como en quốc ngữ, e que as linguas hispánicas ignoran o acento circunflexo.
Representación informática
[editar | editar a fonte]O VISCII (Vietnamese Standard Code for Information Interchange), e nunha menor medida o CP1258, son páxinas de código concibidas para representar os caracteres do quôc ngu.
Cando só se dispón de caracteres ASCII, utilízase a convención Vietnamese Quoted-Readable (VIQR).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- VietPad, un editor Unicode de vietnamita para Apple MacOS X 10.2.3 e superior.
- UniKey Arquivado 04 de novembro de 2005 en Wayback Machine., para Windows e Linux.
- VDict: Dicionarios online de vietnamita
- Vietnamese Writing System: Un esbozo sobre a escrita vietnamita.
- Teclado vietnamita en liña