Alex Salmond
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2018) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Alexander Elliot Anderson Salmond nado en Linlithgow o 31 de decembro de 1954 e finado en Macedonia do Norte o 12 de outubro de 2024,[1] foi un político escocés, xefe entre 2004 e 2014 do Partido Nacional Escocés. Con anterioridade dirixiu o partido entre 1990 e 2000. Entre maio de 2007 e 2014 foi o primeiro ministro de Escocia.
Vida e carreira
[editar | editar a fonte]Salmond naceu en Linlithgow, preto de Edimburgo. Cursou os seus estudos na Universidade de St Andrews, onde se licenciou en economía e historia. Logo duns anos como economista no Banco Real de Escocia, foi electo ao Parlamento do Reino Unido.
En 1990 fíxose xefe do partido Partido Nacional Escocés (SNP), a pesar de que ser considerado como de tendencia esquerdista. Nesa época, o SNP tivo só catro deputados no Parlamento, pero Salmond, por medio da súa intensa combatividade, gañou atención.
Trala vitoria irresistible do Partido Laborista nas eleccións británicas de 1997, Salmond avogou co seu partido pola devolución, o traspaso de competencias sobre os asuntos escoceses a un Parlamento Escocés. Foi unha decisión difícil para o á inmediatista do SNP, por temor a que debilitase o argumento prol-independencia. Ao final, só o vinte e cinco por cento dos escoceses votaron contra a devolución.
En 2000, de xeito inesperado, dimitiu do seu posto como xefe do SNP. Permaneceu como xefe do grupo parlamentario en Westminster, onde se opuxo virulentamente á invasión de Iraq, acusando ao Primeiro Ministro Tony Blair de mentir.
Logo da dimisión do seu sucesor, John Swinney, Salmond foi reelecto en agosto de 2004 ao seu vello posto con máis do 75% dos votos.
Nas eleccións de 2007 ao Parlamento escocés, o SNP obtivo 47 escanos, superando aos Laboristas por unha marxe dun escano. O 16 de maio, grazas ao apoio dos Verdes, Salmond foi electo primeiro ministro (first minister) do Goberno escocés. Catro anos despois, nos comicios de 2011, obtivo un resultado histórico para o seu partido ao conseguir por primeira vez a maioría absoluta con 69 escanos, podendo revalidar o seu cargo sen necesidade de procurar apoios noutras formacións políticas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alex Salmond Arquivado 22 de xuño de 2018 en Wayback Machine., biografía na súa páxina persoal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Former first minister of Scotland Alex Salmond dies aged 69". STV News. 12 de outubro de 2024. Consultado o 12 de outubro de 2024.