Alejandro Curty Pena
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1876 Vigo, España |
Morte | 15 de abril de 1944 (67 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor, mestre, pintor |
Empregador | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Alejandro Curty Pena, nado en Vigo o 17 de maio de 1876 e finado en Vigo o 15 de abril de 1944[1][2], foi un escultor e artista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu a docencia na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo[3], onde ocupou a cátedra de Modelado e Debuxo[2].
Estudou na Escola de Belas Artes de 1ª clase de Sevilla, con premio en todas as e tamén foi premiado en Madrid na Escola de Belas Artes de San Fernando e nas escolas centrais de Artes e Oficios de Madrid, neste último caso en Cerámica. Acadou unha pensión para viaxar a Roma concedida polo concello de Vigo.[1]
Seu é o deseño da placa da rúa da Vitoria que conmemora a Reconquista de Vigo[1][4], así como é súa a que leva o nome de Sanxurxo Badía na avenida homónima[1]. Tamén se lle atribúe a única placa policromada que se conserva na cidade olívica, a da rúa López Mora[5].
Foi un bo amigo do xornalista Avelino Rodríguez Elías[6]. Foi condecorado coa Medalla de ouro da Cruz vermella española.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Hervada Fernández-España, José (2002). "Escuela de Artes y Oficios (II) Alejandro Curty Pena". Glaucopis: Boletín del Instituto de Estudios Vigueses 8 (2): 75–125. ISSN 1135-1810. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Necrolóxica". 17 de abril de 1944.
- ↑ Durán Rodríguez, M.D. (2006). "Contribución de la Escuela de Artes y Oficios de Vigo al desarrollo artístico de la ciudad en la primera mitad del S.XX". Glaucopis: Boletín do Instituto de Estudios Vigueses (en castelán) 12: 243. ISSN 1135-1810. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- ↑ "Pontevedra" (en castelán). 11 de marzo de 1903.
- ↑ La única placa policromada que se conserva en Vigo, nova en La Voz de Galicia o 11 de outubro de 2007. (en castelán)
- ↑ Biografía de Avelino Rodríguez Elías en Contos do Turreiro (ed. Anxo X. Rajó Pazó) CIRP, 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alejandro Curty Pena |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Alejandro Curty esculpió la placa de la calle Sanjurjo Badía", artigo en La Voz de Galicia, 15 de agosto de 2007 (en castelán).