Saltar ao contido

Alejandro Barreiro Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Barreiro Noya

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1874 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de novembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsAugusto Barreiro Noya Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 36147 BUSC: barreiro-alejandro-1874-1948 Dialnet: 3397163

Alejandro Barreiro Noya, nado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1874 e finado na Coruña o 22 de novembro de 1948, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Coruña e Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia, do que foi director de 1914 a 1937. Publicou contos de xénero costumista e versos en galego e castelán. En 1905 foi designado primeiro Secretario da Asociación da Prensa da Coruña, contribuíndo á súa fundación. Colaborou na prensa de España e América e foi correspondente de Diario de la Marina da Habana, do Diario Español de Buenos Aires e dos xornais madrileños El Imparcial, El Liberal, La Tribuna, ABC, e Blanco y Negro; tamén colaborou en La Hoja del Lunes da Coruña.

Ingresou na Real Academia Galega o 12 de marzo de 1936 coa lectura do discurso Bernardo Barreiro de Vázquez Varela y su tiempo, respondido por Fernando Martínez Morás. Foi secretario desta institución desde 1937 a 1942 de forma interina e desde entón até 1948 xa elixido no cargo. Pertenceu tamén á Academia Provincial de Belas Artes da Coruña e á de San Telmo de Málaga. Membro de Honra da American Society of Heraldy.

Dirixía La Voz de Galicia cando tivo lugar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, e ao non dar a noticia de forma triunfal foi multado e apartado temporalmente do posto, ata que foi cesado definitivamente o 11 de agosto de 1937, substituíndoo o falanxista cántabro Maximiano García Venero. A partir de entón quedou como colaborador do xornal, asinando os seus traballos cos pseudónimos de Herculano e Santiago del Burgo.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Encarnación López, e foi pai de Alejandro Barreiro López.

  • Del arte gallego. Exposición Regional 1917: Bocetos de crítica (La Voz de Galicia, 1917), con prólogo de Antón Villar Ponte.[2]
  • Del Arte en Galicia (c. 1925; prólogo de Antón Vilar Ponte).
  • A través de Asturias (libro de viaxes).
  • De Galicia y de los gallegos (1942).[3]
  • "Prólogo" ás Obras completas de Alejandro Pérez Lugín (Madrid, 1945).
  • "Betanzos de los Caballeros. Semblanza moderna de un pueblo secular" (premio nos Xogos florais de Betanzos de 1946).[4][5]
  • Marineda. Monografía de la reunión de artesanos de La Coruña (1947).
  • La ruta de la Casa de la Troya. Estampas, sugestiones y recuerdos (Emos, 1948).[6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Encomenda de Isabel A Católica, Gran Cruz de Wassa (Suecia) e Palmas Académicas de Francia.
  • Premio Pérez Lugín da Asociación da Prensa da Coruña en 1942 por De Galicia y de los gallegos

Dende 1968 unha rúa do barrio da Gaiteira, da Coruña, leva o seu nome.[7]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Durán, José Antonio (2004). "Corenta anos de periodismo". Atando cabos. USC. pp. 39–43. ISBN 84-9750-400-3. 
  2. Del arte gallego. Exposición Regional 1917 ficha en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  3. "Noticias. El premio 'Pérez Lugín' a don Alejandro Barreiro". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (269-270): 215. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 17 de abril de 2018. 
  4. Publicado na revista do Centro Gallego de Buenos Aires en 1947 e no número un do Anuario Brigantino (1948). Vales Vía, José-Domingo (2014). "Juegos Florales de Galicia (IV): Juegos Florales de Betanzos (1946)" (PDF). Anuario Brigantino (37): 445–456. 
  5. Barreiro, Alejandro (1948). "Betanzos de los Caballeros. Semblanza moderna de un pueblo secular" (PDF). Anuario Brigantino (1). 
  6. La Ruta de la Casa de la Troya imaxe da portada.
  7. Fernández, Carlos (25/11/2004). "Un periodista histórico. Barreiro fue director de La Voz, escritor y académico. Desde 1968, da nombre a una calle de A Gaiteira". La Voz de Galicia (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]