Alclad
Alclad é unha marca rexistrada de Alcoa empregada como termo xenérico para describir unha lámina de aluminio resistente á corrosión formado por superficies de aluminio de alta pureza (99,99 %) ligados metalurxicamente a un núcleo de aliaxe de aluminio de alta resistencia (duraluminio). Estas láminas empréganse udualmente na industria aeronáutica.[1]
O alclad empregouse na estrutura e no revestimento externo do dirixible ZMC-2 da Armada dos Estados Unidos, cuxa construción tivo lugar en 1927 na base aeronaval de Grosse Ile (Wayne, Míchigan).[2]
Descrito no NACA-TN-259,[3] de agosto de 1927, como un «novo aluminio resistente á corrosión marcadamente superior ás actuais aliaxes resistentes. O seu uso debe permitir un elevado incremento na duración dunha peza estrutural.
Alclad é unha aliaxe de aluminio, cobre, manganeso e magnesio tratada a alta temperatura, que ten na súa superficie a resistencia á corrosión do aluminio puro e a resistencia á tracción da aliaxe no interior. É de particular importancia a unión entre a aliaxe e oaluminio puro. Os resultados preliminares de probas de rociado con sal (24 semanas de exposición) mostran cambios na forza tensil e elongación do alclad 17ST, se ocorren, tan pequenos que quedan totalmente dentro dos límites do experimento». En usos relacionados coa construción de aeronaves, o alclad probou ter maior resistencia á corrosión que unha lámina equivalente de aluminio puro, coa contrapartida dun maior peso.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. Snodgrass & J. Moran (2003): "Corrosion Resistance of Aluminum Alloys". En Corrosion: Fundamentals, Testing and Protection, volume 13 de ASM Handbook. ASM.
- ↑ Morrow & Fritsche 1967, p. iv
- ↑ E. H. Dix, Jr. (1927):"ALCLA D": New Corrosion Resistant Aluminum Product. NACA-TN-259. Agosto de 1927.
- ↑ Morrow & Fritsche 1967, p. iv.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Morrow, Walker C. & Fritsche, Carl B. (1967): The Metalclad Airship ZMC-2. Grosee Ille, Wayne, Míchigan: W. C. Morrow.