Alcázar de Toro
Alcázar de Toro | |
---|---|
ben de interese cultural e elemento da Lista Vermella do Patrimonio | |
Concello | Toro |
Provincia | Zamora |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Coordenadas | 41°31′09″N 5°23′31″O / 41.51919722, -5.3919 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | gótico (século X-XIV) |
Estilo actual | Restaurado |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Alcázar de Toro, chamado tamén Alcázar Real de Toro, é unha fortificación de planta cadrada situada na cidade de Toro (provincia de Zamora).[1] A primitiva construción data do século X, porén as numerosas reconstrucións fan notar que é unha edificación máis recente. Encóntrase preto da ribeira, situado nun alto, posúe unhas murallas defensivas flanqueadas por sete Torre do homenaxe formou parte do conxunto de murallas que defendían e abranguían á cidade. O alcázar foi lugar de residencia dos Reis Católicos.
Historia
[editar | editar a fonte]O alcázar foi construído no século X nunha acrópole da cidade (elevada a 110 metros do río río Douro). Foi escenario dunha das máis crueis matanzas do rei Pedro I de Castela. O 16 de xaneiro de 1356, encontrábase aí María de Portugal, esposa do rei Afonso XI de Castela, cando o seu fillo Pedro o Cruel chegou e ordenou os seus escudeiros a matar varios nobres que acompañaban á raíña. Pedro López de Ayala nas súas crónicas dos reinados de Pedro I, Henrique II, Xoán I, e de Henrique III, describe así os feitos:
E entón logo enviou dicir o Rei á Raíña Dona María, a súa nai, que estaba dentro no Alcázar, que saíse de alí e viñese cara a el. E a Raíña envioulle pedir mercede por aqueles Cabaleiros que alí estaban con ela, que os perdoase. E o Rei envioulle dicir que ela viñese, que despois el sabería que facer cos Cabaleiros que con ela estaban (... ) E a Raíña saíu do Alcázar, e viña con ela a condesa dona Juana, muller do conde Don Enrique, tamén Don Pero Estevanez Carpentero Maestre que se chamaba de Calatrava, e Ruy González de Castañeda, e Alfonso Téllez Girón, e Martín Alfonso Tello (...) Outro Escudeiro chegou e matou a Martín Alfonso Tello (...) E a Raíña Dona María, nai do Rei, cando viu matar estes Cabaleiros así, caeu na terra sen ningún sentido como morta (...) e despois de levantala, e viu os Cabaleiros mortos arredor dela, e nus, e comezou a dar grandes voces maldicindo o Rei, o seu fillo, e dicindo que a deshonrara e a mancara para sempre, e que xa máis quería morrer que non vivir.[2]
Foi residencia de Xoán II de Castela cando asistía ás cortes en Toro.[3] Es posible que existisen outras residencias reais. O castelo tivo o seu protagonismo durante a guerra de Sucesión Castelá e concretamente na Batalla de Toro acaecida o 1 de marzo de 1476. Tralo abandono que sufriu no século XVI como residencia real, o castelo iniciou un lento declive. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1931.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alcázar de Toro |
- ↑ Velásco Rodríguez, Victoriano (1962). Tipografía "Heraldo de Zamora", ed. Guía Turística da Provincia de Zamora (Segunda ed.). Zamora. p. 193.
- ↑ López de Ayala, Pedro (1780). Crónica de los Reyes de Castilla, Don Pedro, Don Enrique II, Don Juan I, Don Enrique III. Madrid: Imprenta de D. Antonio de Sancha. pp. 207–208, ano sexto, capítulo II. OCLC 2921347.
- ↑ Cañas Gálvez, Francisco de Paula (2007), 'O itinerario da corte de Juan II de Castela (1418-1454)