Saltar ao contido

Alberto González Fernández (piloto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto González Fernández
Biografía
NacementoPontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally, piloto de carreiras Editar o valor en Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor en Wikidata


Alberto González Fernández, alcumado Camba, nado en Pontevedra, é un ex piloto de automobilismo galego. Especialista en carreiras de montaña, é o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Montaña, con sete títulos (cinco consecutivos entre 1978 e 1982 e dous máis en 1985 e 1986) e dous subcampionatos. Logrou 77 vitorias absolutas e disputou tamén probas de rally, proclamándose en 1977 e 1978 subcampión de Galicia de Automobilismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Recibiu o alcume de "Camba" por ser o segundo apelido de seu pai, que era dono dunha autoescola e tiña competido en automobilismo e motociclismo.[1] Debutou no Rally Rías Baixas de 1972, a bordo dun Seat 1430 e competiu posteriormente cun Seat 600 cun motor de 1800.[2] Comezou a correr logo con fórmulas, primeiro cun Hispakart 1430, co que logrou a súa primeira vitoria na Subida ao Veral de 1976 e logo cun Selex Fórmula 1800, co que gañou o seu primeiro Campionato de Galicia de Montaña en 1978.[3] Ese ano gañou ademais o Rally de San Telmo, en Tui, cun Alpine A110 1800 e rematou segundo no Campionato Galego de Automobilismo, só por detrás de Pío Alonso.[4][5] Revalidou o título de montaña os catro seguintes anos cun Selex 2000.[6][7][8][9]

Entre as súas vitorias destacan entre outras as cinco que conseguiu na Subida a Almofrei, tres na Subida á Falperra e tres no Campionato de Velocidade Cidade da Coruña.

Na Subida a Carballo de 1987 logrou a súa última vitoria, a número 77 da súa carreira.[10] En agosto dese ano disputou a súa última carreira, na Subida a Almofrei, puntuable para o Campionato de España, onde rematou en quinta posición.[11] Tras esa carreira retirouse da competición, dedicándose a dirixir a autoescola que fundara seu pai.[2]

  1. "Entrevista a Alberto Gonzalez Camba". www.ivoox.com (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 "El rey de la montaña". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2001. p. 8. 
  3. "Domingo, Subida a Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 1979. p. 47. 
  4. Estévez, A. (12 de abril de 1978). "Camba, el más tuerca". El Pueblo Gallego (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2020. 
  5. "Pío Alonso, campeón gallego de 1978". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de febreiro de 1979. p. 38. 
  6. "Carlos Piñeiro, vencedor en Celas de Peiro". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 1980. p. 37. 
  7. "Automovilismo: Los pilotos de la escudería Ferrol ganaron todos los premios, salvo el de montaña en 1980". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1981. p. 26. 
  8. "Camba conquistó el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de novembro de 1981. p. 52. 
  9. "Camba superó al campeón asturiano por 48 centésimas". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 1982. p. 54. 
  10. Ferreiro, José M. (26 de agosto de 1987). "González Camba logró en la «IV Subida a Carballo» su 77 victoria individual". La Voz de Galicia (en castelán). p. 26. 
  11. "Egozkue, campeón de España de montaña al vencer en Almofrey". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 1987. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]