Saltar ao contido

Albert Coates

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert Coates

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1882 Editar o valor en Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de decembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Cidade do Cabo, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMaitland Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de música e arte dramática Felix Mendelssohn Bartholdy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra, compositor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica e ópera Editar o valor en Wikidata
ProfesoresArthur Nikisch (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBrief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, (p.103), Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0167610 BNE: XX1480509 Musicbrainz: 5f060bc5-3118-463a-b889-3c03f479c80b Discogs: 852704 IMSLP: Category:Coates,_Albert Allmusic: mn0001651285 Find a Grave: 261491344 Editar o valor en Wikidata

Albert Coates, nado o 23 de abril de 1882 en San Petersburgo e finado o 11 de decembro de 1953 en Cidade do Cabo, foi un compositor e director anglo-ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coates naceu no Imperio Ruso, o máis novo dos sete fillos dun inglés e unha rusa. Aprendeu a tocar o violín, o violoncello e o piano de neno e aos doce anos seus pais enviárono a Inglaterra, alí estudou ciencia na Universidade de Liverpool.[1], logo volveu a Rusia e estudou composición con Nikolai Rimskii-Korsakov e máis tarde en Leipzig, con Arthur Nikisch entre outros. Nomeador épétiteur na Ópera de Leipzig, posteriormente en 1904 estreouse alí como director coa ópera Les contes d'Hoffmann de Offenbach. Traballou na Semperoper de Dresden en 1907-8, con Artur Bodanzky en Mannheim in 1909, e desde 1910 dirixiu con Eduard Nápravník no Teatro Mariinsky de San Petersburgo.[1]. Tras a Revolución Rusa fuxiu do país en abril de 1919.

Coates fixera a súa presentación na Royal Opera House en 1914 con Tristan und Isolde de Wagner e a partir de 1919 dirixiu alí regularmente, foi director da Orquestra Sinfónica de Londres de 1919 a 1921, presentou con éxito a música rusa á audiencia británica e tamén moitas obras contemporáneas como as de Vaughan Williams, Bax e Scriabin, dirixindo a primeira representación completa de The Planets de Holst. A partir de 1920 comezou a realizar gravacións, a primeira foi Le Poème de l'extase de Scriabin e posteriormente moitos fragmentos do Der Ring des Nibelungen de Wagner e, en 1923 e 1926, dúas gravacións completas da Sinfonía nº9 de Beethoven.En 1925 deu a primeira representación fóra de Rusia da ópera de Rimskii-Korsakov Skazaniye o nevidimom grade Kitezhe i deve Fevronii. Coates foi o director da primeira gravación do Piano Concerto No. 3 in D minor de Rachmaninoff en 1930, con Vladimir Horowitz como solista.

Entre as súas composicións están as óperas Samuel Pepys e Pickwick, o poema sinfónico The Eagle, dedicado á memoria do seu antigo profesor Arthur Nikisch que se representou en Leeds en 1925.

A primeira ópera que apareceu na televisión[2], o 13 de novembro de 1936 na BBC, foi Pickwick de Coates, emitíndose fragmentos dirixidos por Vladimir Rosing.

  1. 1,0 1,1 Albert Coates: Great Conductors of the Twentieth Century series. CD sleevenote: EMI 2002
  2. Jennifer Barnes Television opera: the fall of opera commissioned for television, p. 1