Saltar ao contido

Albalat dels Sorells

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlbalat dels Sorells
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°32′37″N 0°20′46″O / 39.5437, -0.3462
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarca da Comunidade ValencianaHorta Nord Editar o valor en Wikidata
CapitalAlbalat dels Sorells Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.158 (2023) Editar o valor en Wikidata (900 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie4,62 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataNicolau J. Claramunt Ruiz Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46135 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE46009 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos46009 Editar o valor en Wikidata

Sitio webalbalatdelssorells.es Editar o valor en Wikidata

Albalat dels Sorells (do árabe: albalat, "o camiño") é un concello da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord. Ten 3.758 habitantes (INE 2008).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Alabalat dels Sorells está situado na chaira da marxe esquerda do río Turia, ao norte da cidade de Valencia. O Caldeirón Real de Montcada atravesa o termo de sur a norte. Pódese acceder a esta localidade a través da liña 3 de MetroValencia e a estrada de Valencia a Barcelona, que cruza o termo.

O concello de Albalat dels Sorells limita coas localidades de Montcada, Albuixech, Museros e Foios todos da Horta Nord.

Ten a súa orixe nunha alquería islámica. Xaime I efectuou diversas doazóns no seu termo, probablemente adquiridas despois por un dos beneficiarios, Pere d'Azllor, que figura en 1242 como o señor da poboación. Diferentes familias adquirirán o señorío até a súa extinción no século XIX.

A principios do século XIV posuíao Guillem Colom, cidadán de Valencia e xurado da cidade. O catalán Pere March, tesoureiro do rei Xaime II foi señor de Albalat, sucedéndolle o seu fillo Xaime, avó do poeta Ausiàs March, en 1352 o dominio pasaría por compra a Berenguer de Codinachs, a cuxo liñaxe pertenceu por espazo de século e medio. Nesa época engádese ao nome da localidade o apelativo de Codinachs ou Codinats para diferenciala doutras poboacións homónimas.

En 1480, a decadencia da familia supuxo a venda do señorío por parte de Lluís Agulló de Codinats ao opulento cidadán de València, Tomàs Sorell, fillo dun poderoso burgués orixinario de Cataluña establecido na cidade o século anterior. O cambio de dominio comportou o do apelativo da poboación chamada entón Albalat de Mossén Sorell ou dels Sorells, e nesta liñaxe, ennobrecido na persoa de Bernat Sorell, cabaleiro, sobriño e herdeiro de Tomás Sorell, perpetuarase o señorío na Idade Moderna.

En 1626 elevouse o señorío a condado. Dende a época da conquista, Albalat dependía no eclesiástico da parroquia de Foios, até a creación da parroquia independente en 1426.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 3.758 habitantes en 2008.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2007
1.198 1.500 1.634 1.693 1.835 1.851 2.447 3.063 3.608 3.515 3.479 3.486 3.708

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente agrícola, a meirande parte do termo está formada pola horta regada coas augas do Turia a través do caldeirón Real de Montcada. Na actualidade, predomina o cultivo da laranxa coincidindo cunha apreciábel actividade industrial. Debemos destacar que grazas ao apoio dos habitantes da poboación, constituíuse e medrou a Caixa Albalat, pertencente ao grupo de Caixas Rurais que mantén a súa independencia e presenta uns resultados magníficos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]