Saltar ao contido

Alba Longa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAlba Longa
(la) Alba Longa Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipocidade antiga
estado histórico
cidade estado Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°44′49″N 12°39′01″L / 41.74691, 12.65026
Historia
Data de creación ou fundaciónséculo XII a. C. Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición673 a. C. Editar o valor en Wikidata

Alba Longa era unha cidade da rexión do Lacio, na actual Italia. Recibiu este nome polo seu asentamento ó longo dun outeiro do monte Albano. Foi fundada mitoloxicamente por Ascanio, fillo de Eneas, debido a que Lavinio, cidade da que por descendencia debía ser rei, estaba superpoboada. Despois de Ascanio dirixiron a cidade de Alba Longa unha serie de reis sen moita importancia, ata chegar a Proca, pai de Numitor e Amulio. Cando lle toca reinar a Numitor, o seu irmán Amulio destrónao. A súa sobriña, Rea Silvia, enxendra dous fillos, Rómulo e Remo, que posteriormente matan a Amulio e devolven o trono o seu avó Numitor.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]