Alba Longa
Aparencia
(Redirección desde «Alba (mitoloxía)»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alba.
Alba Longa era unha cidade da rexión do Lacio, na actual Italia. Recibiu este nome polo seu asentamento ó longo dun outeiro do monte Albano. Foi fundada mitoloxicamente por Ascanio, fillo de Eneas, debido a que Lavinio, cidade da que por descendencia debía ser rei, estaba superpoboada. Despois de Ascanio dirixiron a cidade de Alba Longa unha serie de reis sen moita importancia, ata chegar a Proca, pai de Numitor e Amulio. Cando lle toca reinar a Numitor, o seu irmán Amulio destrónao. A súa sobriña, Rea Silvia, enxendra dous fillos, Rómulo e Remo, que posteriormente matan a Amulio e devolven o trono o seu avó Numitor.