Alabarda
A alabarda[1] é unha arma antiga formada por unha hasta de madeira flanqueada por unha folla de machado nun lado e unha punta polo outro lado. Foi inventada na Idade de Bronce[2] ao colocar a folla dun puñal perpendicularmente a un mango, e o seu uso estendeuse coa cultura do vaso campaniforme.
Prominente nos séculos XV e XVI, barata de producir, era moi versátil na batalla. Hoxe só se emprega para usos cerimoniais, como os da Garda Suíza do Vaticano, así como "fósil director" nas escavacións arqueolóxicas.
A alabarda na historia
[editar | editar a fonte]Alabardas antigas
[editar | editar a fonte]As primeiras alabardas datan da Idade de Bronce;[3] a súa orixe é discutida e repártense entre Irlanda[4] (o país onde apareceron máis follas desta arma) e a civilización de "Los Millares" (Almería), así como sospeitas dunha orixe centroeuropea. Teñen aparecido algunhas follas delas en contextos funerarios formando parte dun enxoval mortuorio, entre outras armas e vasos campaniformes. Na Península Ibérica os científicos destacan tres grupos: Argárico, norteportugués ou Carrapatas e Montejícar. As de tipo Carrapatas son da rexión de Tras-os-Montes (aínda que moi semellantes ás alabardas irlandesas do mesmo período[5]) feitas en cobre cunha gran folla triangular e forte nervio central, en Galicia aparecen representadas en seis grupos de petróglifos (Laxe da Chan, Cangas; Castriño de Conxo[6]; Primadorno en Breixa, Silleda; Conles, Laxe, Moraña; Poza da lagoa en Monte Penide) xunto a outras armas e combinacións circulares. Malia ser a arma máis representada nos petróglifos, só se atopou unha mostra física no chamado "depósito de Leiro", en Leiro, Rianxo.
Alabardas medievais e modernas
[editar | editar a fonte]Contra finais da Idade Media a alabarda rexorde con outro deseño e, a partir do machado de guerra, xorde para facer fronte ás cotas de mallas e aos arneses de placas, xa que nestes séculos é cando se fai máis necesario engadir máis armas secundarias (picos) a unha arma principal como as follas dos machados. A finais da Idade Media converteuse na arma de infantaría[7] máis eficaz contra a cabalaría pesada e para repeler ataques nas fortificacións. Iso fixo que se convertesen nas armas por excelencia dos gardas dos castelos e palacios, formando parte do canon estético militar das unidades militares históricas, mantidas para fins decorativos, coas súas fardas e armaduras de época.
Esta arma usouse logo na Idade Moderna nos exército europeos coa forma que coñecemos agora, dun lado un machado e do outro un pico, que se podía acompañar dunha pequena lanza en vertical ao corpo do mango. Serviu como protección aos arcabuceiros[8]; así, cando estes estaban indefensos cargando as armas de fogo, os alabardeiros cubríanos. O seu uso prolongouse con éxito nos séculos XVI a XVIII, aínda que era inservible no corpo a corpo; nestes casos o alabardeiro levaba unha daga ou espada curta.
Actualmente só se usa como arma decorativa en corpos especiais para rituais de gran boato das monarquías europeas, como a española, e no Vaticano.
Armas relacionadas
[editar | editar a fonte]- Bardiche, machados de grandes follas cun mango longo típico da Europa do Leste nos séculos XVI e XVII.
- Bisarma, unha arma de hasta de orixe medieval, que ten unha especie de fouce afiada dun lado ou de ambos e que acaba nunha punta para ferir, de modo similar a unha lanza ou un chuzo.
- Guandao, unha arma chinesa do século III que tiña unha pesada folla curva cunha lanza no outro lado.
- Naginata, é unha lanza xaponesa, composta por unha hasta de madeira equipada cun longa lámina nunha das extremidades.
- Partesana, unha gran punta de lanza de dobre folla montada nun eixo longo que tiña saíntes a ambos os dous lados
- Woldo, unha arma coreana que tiña unha lámina en forma de lúa montada nun eixo longo, semellante á construción do Guandao chinés, e que principalmente servía como símbolo da Garda Real
Galería
[editar | editar a fonte]-
Alabardas no escudo de armas de Bártfa.
-
Tipos diferentes de alabarda en Suíza.
-
Rei con alabarda
-
Burgueses de Zürich no século XIV.
-
Santa Wiborada aparece co instrumento co que a executaron, unha alabarda.
-
Suízos armados de alabarda pasando os Alpes.
-
Alabrada con cabeza de muflón, II milenio a. de C. Irán.
-
Alabarda suíza do século XVI.
-
Alabarda do século XVII.
-
Alabarda partisana do século XVII.
-
Atenea con alabarda domando o centauro, de Sandro Botticelli.
-
Niklaus Manuel cunha alabarda, de Hans Rudolf Manuel.
-
Alabardas con diferentes follas.
-
Un soldado cobre a retirada de seus compañeiros cara ás murallas de Zürich armado cunha alabarda.
-
Un burgomestre noruegués cunha alabarda cerimonial a principios do século XIX.
-
Soldado ruso do século XVIII.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alabarda.
- ↑ Herbst, Judith (2005). The History of Weapons (Major inventions through History). Twenty-First Century Books,. p. 56. ISBN 978-0-8225-3805-9.
- ↑ "Las representaciones de alabardas en los petroglifos gallegos" Antonio De la peña Santos, Museo de Pontevedra
- ↑ "The early bronze age in Wessex" proceeding of historyc society pp 64 Irlanda
- ↑ "Wessex before the celts"Stone J.F.S.Thames and Hudson ed London 1963
- ↑ "Carta prehistórica del término municipal de Santiago"varios autores Cuaderno de estudios gallegos XXV
- ↑ "History of ancient weapons" McAlister Forrow, H. ed Penguin Books, Edimbourgh 1989
- ↑ "De la conquista a la independencia" Vicens Vices ,J. Barcelona 1959
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alabarda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- O'Flaherty, Ronan; The Early Bronze Age halberd: a history of research and a brief guide to the sources, pp. 74–94, Journal of the Royal Society of Antiquaries of Ireland, Vol.128 (1998).
- Brandtherm, Dirk & O'Flaherty, Ronan; Prodigal sons: two 'halberds' in the Hunt Museum, Limerick, from Cuenca, Spain and Beyrǔt, Syria, pp. 56–60, JRSAI Vol.131 (2001). .
- R. E. Oakeshott, European weapons and armour: From the Renaissance to the industrial revolution (1980), 44–48.