Aglicona
Aparencia
Unha aglicona ou xenina (tamén aglicón) en química orgánica, é a porción ou grupo non glicídico que forma parte dun glicósido. Tal como a define a IUPAC é o composto sen azucres que queda despois de substituír por un átomo de hidróxeno o grupo glicosilo dun glicósido.[1][2] Por exemplo, nos glicósidos cardíacos a aglicona é un esteroide.
A aglicona preséntase en forma dunha molécula pequena como un alcohol, fenol[3] ou un composto que conteña nitróxeno e xofre. A aglicona, determina a familia do glicósido e dálle a algunhas plantas o seu poder terapéutico. Clases de fitoquímicos que se atopan na aglicona e nos glicósidos son, por exemplo, os polifenois. Nas saponinas a aglicona denomínase sapoxenina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IUPAC Gold book - Aglycon (aglycone)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 26 de abril de 2013.
- ↑ Merriam Webster Medical- aglycone
- IUPAC Compendium of Chemical Terminology 2nd Edition (1997) 1995, 67, 1312