Agios Efstratios
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | |||
Periferias | Exeo Setentrional | |||
Unidades periféricas | Lemnos (pt) | |||
Concello | Agios Efstratios Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 270 (2011) (6,23 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 43,325 km² | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
Altitude | 298 m-153 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 815 00 | |||
Sitio web | agios-efstratios.gov.gr | |||
Agios Efstratios ou San Eustaquio (grego: Άγιος Ευστράτιος) é unha pequena illa grega no norte de mar Exeo a 30 km ao suroeste de Lemnos e 80 km ao noroeste de Lesbos. Xunto con Lemnos e os illotes próximos forma a unidade rexional de Lemnos, parte dos arquipélagos gregos da rexión do Exeo Setentrional.
Nome
[editar | editar a fonte]A illa leva o nome de San Eustaquio (Όσιος Ευστράτιος ο Θαυματουργός), que viviu como exiliado na illa no século IX, porque se opoñía ás políticas iconoclastas do emperador bizantino León V o Armenio. A súa tumba aínda é mostrada polos habitantes. A illa é mencionada no Isolario por Cristoforo Buondelmonti en 1420 como Sanstrati. foi coñecida como "Bozbaba" durante o dominio otomán.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Agios Efstratios é tranquila, illada e seca, cunha poboación aproximada de 300 persoas. O clima é árido, con escasas precipitacións durante os meses de inverno e veráns longos e calorosos. A paisaxe é principalmente rochosa, con vexetación escasa e baixa. Os cultivos son insignificantes; o mar circundante, con todo, é rico en peixes que son capturados polos pescadores locais. Hai numerosas praias na illa, como Agios Antonio, Lemonies, Avlakia e outras, á maioría das cales se accede por barco. A illa Agios Efstratios está conectada por barco con Lemnos, Agios Konstantinos, Kymi e Kavala.
Historia política recente
[editar | editar a fonte]A illa foi utilizada para albergar preso políticos en exilio interno polo Réxime Metaxas na década de 1930. O 19 de febreiro de 1968, un terremoto (7´1 na escala de Richter) derribou a maioría das casas,[1] que foron dubstituídas por construcións prefabricadas de formigón dispostos nunha formación similar a un campamento militar. No entanto, a illa conserva unha capital moi atractiva, tamén chamada Agios Efstratios, preservada ao mesmo tempo un ambiente mediterráneo nun lugar virxe, con praias de augas cristalinas. É sobre todo un lugar para a relaxación e a meditación. Durante a Ditadura dos Coroneis, a illa foi utilizada de novo como unha prisión para os disidentes políticos. Un dos seus máis famosos prisioneiros foi Mikis Theodorakis, activista político e compositor musical.
Primeira illa verde de Grecia
[editar | editar a fonte]Athens News Agency informou que, o 4 de xuño de 2009, na conferencia internacional de dous días en Atenas sobre o "Cambio climático e Desafíos para as xeracións futuras",baixo o patrocinio da UNESCO, o ministro de Desenvolvemento de Grecia Kostis Hatzidakis dixo que Agios Efstratios pronto se convertería na primeira illa "verde" do país, totalmente impulsada por fontes de enerxía renovable (FER),[2][3]. Os seus residentes dependen da enerxía solar e eólica xerada e móvense ao redor da illa en bicicletas e coches eléctricos. Agios Efstratios está incluído na rede Natura 2000 das áreas da natureza protexidas da Unión Europea.[Cómpre referencia]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista do porto de Agios Efstratios
-
Outra vista do porto de Agios Efstratios
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Επίτομο Γεωγραφικό Λεξικό της Ελλάδος (Geographical Dictionary of Greece), Μιχαήλ Σταματελάτος, Φωτεινή Βάμβα-Σταματελάτου, εκδ. Ερμής, ΑΘήνα 2001
- ↑ "Conference on climate change ends with Athens Declaration". Athens News Agency: Daily News Bulletin in English, (en inglés). Athens News Agency (3211). 4 de xuño de 2009. Consultado o 2 de abril de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2009. Consultado o 19 de xullo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agios Efstratios |