Afonso Lopez de Baian
Aparencia
Afonso Lopez de Baian foi un trobador portugués, que estivo activo na corte de Fernando III de Castela entre 1245 e 1253 e na de Afonso III de Portugal entre 1253 e 1280.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É autor de 10 textos: dúas cantigas de amor, catro cantigas de amigo, dúas cantigas de escarnio, unha parodia literaria e unha sátira política.
Unha das súas cantigas de escarnio ridiculiza a Mendo Rodrigues de Briteiros, alcumándoo Don Belpelho e a outros infantes de Afonso III. A cantiga está inspirada na forma en que se narra no Cantar de Roldán o consello dos acompañantes de Carlomagno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.