Aethelflaed
Nome orixinal | (ang) Æthelflæd |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 870 |
Morte | 12 de xuño de 918 (47/48 anos) Tamworth (Mercia) |
Lugar de sepultura | St Oswald's Priory, Gloucester (en) |
Raíña | |
Actividade | |
Ocupación | raíña |
Outro | |
Título | Raíña |
Familia | Casa de Wessex |
Cónxuxe | Aethelred II de Mercia (886 (Gregoriano)–) |
Fillos | Aelfwynn |
Pais | Alfredo o Grande e Elesvita |
Irmáns | Elfrida de Wessex Eduardo o Vello Etelverdo (filho de Alfredo) Etelgiva |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Aethelflaed de Wessex (Æthelflæd), nada en 869 e finada o 12 de xuño de 918, foi a filla máis vella de Alfredo o Grande e da súa esposa Aethelswitha. Casou con Aethelred II de Mercia, a cuxa morte, gobernou o reino. A Crónica anglosaxoa denomínaa Señora dos mercios.
Mercia e os viquingos
[editar | editar a fonte]Os viquingos daneses invadiron a maioría dos reinos ingleses durante o século IX. Alfredo o Grande e os seus descendentes reconquistaron os territorios para Wessex a finais do século e comezos do século X.
Como recoñecemento á axuda de Mercia, Alfredo preferiu desposar á súa filla Aethelflaed con Aethelred II, no canto de exercer un dominio directo cunha conquista. Co matrimonio, Aethelred II recibiu o título de ealdorman ou conde de Mercia, ademais dunha certa autonomía.
Dado que o oeste de Mercia nunca estivo baixo control dos daneses, tratábase dunha medida prudente que deu os seus froitos.
Goberno de Mercia
[editar | editar a fonte]Á morte do seu marido, Aethelflaed gobernou desde 911 até 918, ano en que morreu, construíndo fortificacións e emprendendo expedicións militares. Foi enterrada na igrexa de san Pedro (agora, convento de san Oswald), de Gloucester, cidade que reconstruíra a partir das ruínas romanas.
A herdeira foi a súa filla Aelfwynn, pero debido á correlación de forzas, viuse obrigada a someterse ao seu irmán, o rei Eduardo o Vello de Wessex, cuxos sucesores completaron a unión de Mercia a Wessex, o que resultou ser o principio da Inglaterra unificada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aethelflaed |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paul Hill.The Age of Athelstan.Templus Publising. 2004. ISBN 0-7524-2566-8
- Anglo-Saxon Chronicle, ed. M. Swanton (Dent, Londres 1997), s.a. 911-918.