Aeroporto de Vilnius
Aeroporto de Vilnius Vilniaus oro uostas
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | goberno de Lituania | ||
Operador | Tarptautinis Vilniaus oro uostas | ||
Cidade/Illa | Vilnius | ||
Elevación (msnm) | 197 metros / 646 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01/19 | 2 515 | 8 250 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 3 814 001 |
O aeroporto de Vilnius (IATA: VNO, ICAO: EYVI) é o aeroporto internacional de Vilnius, a capital de Lituania. Está situado a 5,9 km ao sur da cidade. É o máis grande dos catro aeroportos comerciais do país en tráfico de pasaxeiros. O aeroporto de Vilnius serve como base para Ryanair, Wizz Air e Small Planet Airlines. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 3 814 001 pasaxeiros.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O aeroporto comezou as súas operacións o 17 de agosto de 1932 co nome de Wilno-Porubanek; Porubanek era o nome da vila que no presente é parte do distrito de Kirtimai de Vilnius. Antes da segunda guerra mundial operaba a entón ruta doméstica entre Vilnius e Varsovia, ademais da ruta internacional cara Riga. O 15 de abril de 1939 inaugurou unha nova ruta a Kaunas. Durante a guerra as súas instalacións foron usadas como aeródromo militar. O día 17 de xullo de 1944 reanudáronse as súas actividades como aeroporto civil.[2]
Desenvolvemento recente
[editar | editar a fonte]Lithuanian Airlines (renomeada posteriormente como FlyLAL) foi fundada como aeroliña nacional de Lituania tras a independencia do país en 1991, herdando a frota de Aeroflot baseada no aeroporto formada por Tupolev Tu-134, Yakovlev Yak-40, Yak-42, Antonov An-24 e An-26. Rapidamente foi substituíndo ese aparellos soviéticos con modernos reactores Boeing 737 e Boeing 757 e turbohélices Saab 340 e Saab 2000. As súas operacións cesaron o 17 de xaneiro de 2009 debido ás crecentes dificultades económicas. Co colapso de flyLAL o aeroporto perdeu os seus servizos regulares a Ámsterdam, Budapest, Istanbul, Madrid e Tbilisi.
airBaltic, a aeroliña nacional de Letonia abriu unha segunda base en Vilnius no ano 2004 para complementar as súas operacións dende o aeroporto de Riga, usando reactores Boeing 737 e turbohélices Fokker 50 e converténdose na aeroliña con máis presenza no aeroporto. airBaltic chegou a voar a 19 destinos, pero no presente só opera 6 rutas.
O aeroporto de Vilnius é o principal centro de conexións para Small Planet Airlines, Grand Cru Airlines e Aviavilsa e é base para Wizz Air. Foi o principal centro de conexións para Star1 Airlines ata que cesou as súas operacións en setembro de 2010 e para Aurela, ata que perdeu a súa licenza de voo.
O 30 de xuño de 2013 Air Lituanica comezou a voar dende Vilnius e estableceu a súa base alí servindo varias cidades europeas. Porén, o 22 de maio de 2015 a aeroliña cesaría todas as súas operacións.[3]
O aeroporto estivo pechado durante 35 días entre o 14 de xullo e o 17 de agosto de 2017 para traballos de reconstrución da pista de aterraxe. Todos os seus voos foron desviados ao aeroporto de Kaunas.[4][5]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
DHL Aviation operado por Cargoair |
Leipzig/Halle, Riga |
Transaviabaltika | Minsk |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilnius Airport (ed.). "Airport statistics". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017.
- ↑ Vilnius Airport (ed.). "Historia". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ ch-aviation (ed.). "Air Lituanica ceases operations". Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ Vilnius Airport (ed.). "Reconstruction of the runway of Vilnius Airport". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2017. Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ The Seattle Times (ed.). "Vilnius Airport to be closed for a renovation until Aug. 17". Consultado o 29 de outubro de 2017.
- ↑ https://www.brusselsairlines.com/en-be/destinations/lithuania/vilnius.aspx?v3=true&month=1
- ↑ "Nordica offers direct flights to Tallinn from destinations all over Europe. Book now!". Consultado o 14 January 2017.
- ↑ "Ryanair Stellt Rekord-Winterflugplan 2017/2018 Für Köln/Bonn Vor | Ryanair's Corporate Website". Corporate.ryanair.com. 2017-02-08. Consultado o 2017-08-23.
- ↑ Liu, Jim (5 March 2017). "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Routesonline. Consultado o 6 March 2017.
- ↑ "Small Planet Adds Geneva Service in Jan 2015". airlineroute.net. Consultado o 6 May 2015.
- ↑ "Small Planet Adds Lamezia Terme Operation in Sep/Oct 2015". airlineroute.net. Consultado o 6 May 2015.
- ↑ https://wizzair.com/en-gb/information-and-services/about-us/news/2017/10/16/wizz-air-announces-an-extensive-low-fare-network-from-athens#/
- ↑ Liu, Jim (20 July 2016). "WizzAir Plans Additoinal New Routes in W16". Airlineroute, Routesonline. Consultado o 20 July 2016.