Saltar ao contido

Aeroporto de Dala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Dala

IATA: BLE – ICAO: ESSD
Sumario
Tipo público
Propietario Dala Airport AB
Localización Borlänge
Elevación (msnm) 153 metros / 503 pés
Coordenadas
Web http://www.dalaflyget.se/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
14/32 2 310 7 579 asfalto
Estatísticas (2015)
Pasaxeiros 26 804

O aeroporto de Dala ou aeroporto de Borlänge (IATA: BLE, ICAO: ESSD) é un aeroporto sueco situado ao sueste de Borlänge, unha cidade na provincia de Dalarna. Atópase ademais a uns 15 km ao suroeste da cidade de Falun.

Durante a segunda guerra mundial construíuse un aeródromo que foi modernizado no ano 1961. A mediados de 1960 chegaron ás primeiras aeroliñas civís ao aeroporto. Completouse unha nova terminal en 1972 e Dala Airport AB tomou o seu control. O aeroporto pertenceu ao Ministerio de Defensa sueco ata 2007. O aeroporto tivo o seu récord de pasaxeiros en 1989, con 210 000. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións 26 804 viaxeiros.

A ruta cara Estocolmo, a 166 km de distancia por aire, pechou en xuño de 2011, reabríndose brevemente entre setembro de 2013 e abril de 2014. En 2006 comezaron a operar voos chárter a destinos turísticos internacionais. Dende o ano 2012 as rutas internacionais teñen máis pasaxeiros que as domésticas.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]

As seguintes aeroliñas operan voos regulares e chárter dende o aeroporto de Dala:[1]

Aeroliñas Destinos
AIS Airlines[2] Gotemburgo, Malmö
Corendon Airlines Chárter estacional: Antalya
Evelop Airlines Chárter estacional: Gran Canaria, Palma de Mallorca
Thomas Cook Scandinavia Chárter estacional: Rodas
SunExpress Chárter estacional: Antalya
  1. Dalaflyget (ed.). "Tidtabell charter Borlänge 2017". Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  2. ch-aviation (ed.). "AIS Airlines assumes majority of Direktflyg´s remaining network". Consultado o 28 de agosto de 2017.