Adrián Alonso Pereira
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1988 (36 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Á-peche | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Adrián Alonso Pereira, máis coñecido como Pola, nado en Vigo o 26 de xuño de 1988, é un xogador galego de fútbol sala que xoga de á-peche no no Noia Portus Apostoli, da Primeira división española.
Pasou polo Redondela FS antes de recalar no Lobelle Santiago, participando nos mellores anos da historia do club santiagués, co que gañou unha Copa de España e unha Supercopa ata 2011. A continuación militou durante 10 anos no Inter Movistar, club ao que capitaneou e co que conquistou ata 19 títulos, entre eles seis ligas, catro Copas de España e dúas Champions League.
Ademais foi 117 veces internacional coa selección española, coa que gañou a Eurocopa de 2016.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol sala no seu barrio de Coia, e en idade xuvenil entrou no novo club de fútbol sala do barrio da Salgueira.[1] Con este equipo, no que coincidiu con Jonathan Pereira, proclamouse campión galego xuvenil. Posteriormente entrou na canteira do Redondela FS, co que xogou na División de Honra Xuvenil.[1]
En 2005 pasou á canteira do Lobelle Santiago, onde xogou primeiramente no equipo xuvenil e no filial. O 24 de setembro do mesmo, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na División de Honra, da man do adestrador José Venancio nun partido contra o Móstoles, anotando o único gol do seu equipo (3-1).[2] Na tempada 2006/07 saíu cedido ao FS Nazareno de Dos Hermanas e en 2007 pasou a ser xogador do primeiro equipo do Lobelle a todos os efectos. Participou dos mellores anos da historia do club santiagués, conquistando unha Copa de España e unha Supercopa, nun equipo no que xogaban entre outros Carlos Barrón, Alemão, Aicardo ou Rafael Rato.[3]
En 2011 fichou polo Inter Movistar, co que gañou durante a seguinte década todos os títulos nacionais posibles. Conquistou seis ligas, catro Copas de España, dúas Copas do Rei e cinco Supercopa de España. Internacionalmente gañou dúas Champions League, nos anos 2017 e 2018, despois de derrotar na final nos dous casos ao Sporting de Portugal.[4] No club de Alcalá de Henares actuou xunto a xogadores como Ricardinho, Betão ou Jesús Herrero e na parte final do seu paso polo equipo madrileño exerceu como capitán.[5]
No verán de 2021 deixou a liga española e fichou polo Sporting de Braga, da Primeira División de Portugal.[6]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Santiago Futsal
[editar | editar a fonte]- Copa de España (1): 2006.
- Supercopa de España (1): 2010.
- Copa Galicia (2): 2009, 2010.
Inter Movistar
[editar | editar a fonte]- Primeira división (6): 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019.
- Copa do Rei (2): 2015, 2021.
- Copa de España (5): 2005, 2014, 2016, 2017, 2021
- Supercopa de España (3): 2015, 2017, 2018, 2021
- Champions League (2): 2017, 2018
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "El niño que odiaba perder" (en castelán). 8 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Miñambres acabó con la resistencia de un Lobelle combativo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de setembro de 2005. p. 42.
- ↑ "Se despide la raza celta" (en castelán). 14 de abril de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Pola, el adiós de un guerrero que deja 19 títulos en el Movistar Inter". Marca (en castelán). 23 de xuño de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021.
- ↑ "Pola y Borja lucirán el brazalete de capitán de Movistar Inter FS en esta temporada 20/21" (en castelán). 7 de agosto de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2021.
- ↑ "Pola jugará la próxima temporada en el Braga". Atlántico Diario (en castelán). 15 de xullo de 2021. Consultado o 25 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador na LNFS (en castelán).