Adán Bargielski
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1903 Kalinowo, Polonia (en) |
Morte | 8 de setembro de 1942 (39 anos) Campo de concentración de Dachau, Alemaña nazi |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 12 de xuño |
O beato Adán Bargielski, nado como Adam Bargielski en Kalinów, Polonia o 7 de xaneiro de 1903 e finado en Dachau o 8 de setembro de 1942, foi un sacerdote polaco e mártir durante a segunda guerra mundial. É un dos cento oito mártires de Polonia beatificados por Xoán Paulo II o 13 de xuño de 1999.
Vida
[editar | editar a fonte]Naceu en Kalinów o 7 de xaneiro de 1903[1]. Entregouse en troques do seu párroco, para que este non fose arrestado polos nazis[2]. Levárono ao campo de concentración de Dachau, onde morreu o 8 de setembro de 1942.
Foi beatificado como un dos Cento oito mártires de Polonia da segunda guerra mundial por Xoán Paulo II o 13 de xuño de 1999 en Varsovia, Polonia[3]. A súa festa individual celébrase o día da súa morte[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Blessed Adam Bargielski, visitado o 19 de xuño de 2010 (en inglés)
- ↑ Martyrology, september 08, visitado o 19 de xuño de 2010 (en inglés)
- ↑ Táboa das beatificacións baixo o Pontificado de Xoán Paulo II, visitado o 19 de xuño de 2010 (en italiano)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 108 mártires de Polonia durante la segunda guerra mundial, en Catholic.net. (en castelán)
- Beato Adán Bargielski Arquivado 16 de maio de 2010 en Wayback Machine., en Santopedia. (en castelán)