Cultura acheulense
A cultura acheulense[1], ou acheuliano[2], do francés acheuléen nomeado como o xacemento de Saint-Acheul, é un tipo de cultura arqueolóxica baseada na industria lítica de fabricación de ferramentas de pedra caracterizada polos distintivos bifaces ovalados e en forma de pera asociados ao Homo erectus e especies derivadas como o Homo heidelbergensis.
As ferramentas acheulenses producíronse durante o Paleolítico Inferior en África e en gran parte de Asia Occidental, Asia Meridional, Asia Oriental e Europa, e normalmente atópanse con restos de Homo erectus. Pénsase que as tecnoloxías acheulenses desenvolvéronse inicialmente hai uns 1,76 millóns de anos, derivadas da tecnoloxía Oldovaiense máis primitiva asociada ao Homo habilis.[3] O acheuliano inclúe polo menos a primeira parte do Paleolítico Medio. O seu final non está ben definido, dependendo de se inclúe a tecnoloxía Sangoense, pódese considerar que dura ata hai 130.000 anos. En Europa e Asia Occidental, os primeiros neandertais adoptaron a tecnoloxía acheulense, facendo unha transición ao Musteriano hai uns 160.000 anos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Léxico de arqueoloxía (castelán-galego). Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ Forma que aconsella tanto o VOLGa Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. coma o bUSCatermos.Data de ambas consultas: febreiro de 2021
- ↑ Wood, Bernard (2005). Human Evolution A Very Short Introduction. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280360-3.