Saltar ao contido

Acelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acelos

Organismos tipo verme plano de cor laranxa, que son individuos de Waminoa (acelo) sobre un coral Plerogyra ("burbulas" brancas)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
(sen clasif.) Bilateria
Filo: Xenacoelomorpha
Subfilo: Acoelomorpha
Orde: Acoela
Uljanin, 1870
Neochildia fusca, un membro dos Convolutidae (= Anaperidae)

Os acelos ('Acoela) son unha orde de invertebrados pequenos e simples do subfilo Acoelomorpha do filo Xenacoelomorpha, un grupo de bilaterais que se ramificou moi cedo na árbore evolutiva dos animais, que lembran a vermes planos. Historicamente foron tratados como unha orde de vermes planos turbelarios.[1][2]

A etimoloxía de acelo (acoela) procede do grego antigo (a), alfa privativo, que expresa negación ou ausencia, e κοιλία, (koilia), que significa 'cavidade'.[3][4] Isto refírese a que os acelos teñen unha estrutura corporal que carece dunha cavidade corporal chea de líquido.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os acelos son vermes moi pequenos e aplanados, xeralmente de 2 mm de lonxitude, pero algunhas especies máis grandes, como Symsagittifera roscoffensis, poden acadar os 15 mm.[5] Son simétricos bilateralmente e microscópicos.[6]

Encóntranse por todo o mundo en augas mariñas e salobres e adoitan ter unha vida bentónica, aínda que algunhas especies son epibiontes.[7]

Os membros da clase Acoela carecen dun tracto gastrointestinal convencional, polo que a boca se abre directlamente no mesénquima, é dicir, a capa de tecido que enche o seu corpo.[8][9] A dixestión realízase por medio dun sincitio que forma un vacúolo arredor da comida inxerida. Este vacúolo dixestivo non está tapizado por células epiteliais, pero hai ás veces unha curta farinxe que vai da boca ao vacúolo. Todos os demais animais bilaterais (agás os vermes cestodos) teñen un intestino tapizado de células epiteliais. Como resultado, os acelos teñen un corpo sólido.

Como liñaxe basal dos animais bilaterais, os Acoela proporcionan unha interesante perspectiva da evolución dos animais máis inicial e do seu desenvolvemento.[10][11] O animal estudado máis a fondo neste grupo é a especie Isodiametra pulchra. Os Acoela adoitaban clasificarse no filo Platyhelminthes. Porén, foron separados deste filo debido a análises moleculares que mostraron que diverxeran antes de se formasen os tres principais clados de animais bilaterais.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Na orde Acoela recoñécense os seguintes subtaxons:[12]

  1. Cannon, Johanna Taylor; Vellutini, Bruno Cossermelli; Smith, Julian; Ronquist, Fredrik; Jondelius, Ulf; Hejnol, Andreas (2016). "Xenacoelomorpha is the sister group to Nephrozoa". Nature 530 (7588): 89–93. Bibcode:2016Natur.530...89C. ISSN 0028-0836. PMID 26842059. doi:10.1038/nature16520. 
  2. Jimenez-Guri E, Paps J, Garcia-Fernandez J, Salo E (2006). "Hox and ParaHox genes in Nemertodermatida, a basal bilaterian clade". Int. J. Dev. Biol. 50 (8): 675–9. PMID 17051477. doi:10.1387/ijdb.062167ej. 
  3. Bailly, Anatole (1981-01-01). Abrégé du dictionnaire grec français. Paris: Hachette. ISBN 2010035283. OCLC 461974285. 
  4. Bailly, Anatole. "Greek-french dictionary online". www.tabularium.be. Consultado o 2020-03-02. 
  5. Hooge, M. D.; Tyler, S. (2005). "New tools for resolving phylogenies: a systematic revision of the Convolutidae (Acoelomorpha, Acoela)". Journal of Zoological Systematics and Evolutionary Research 43 (2): 100–113. ISSN 0947-5745. doi:10.1111/j.1439-0469.2005.00301.x. 
  6. Achatz, Johannes G.; Chiodin, Marta; Salvenmoser, Willi; Tyler, Seth; Martinez, Pedro (2013). "The Acoela: on their kind and kinships, especially with nemertodermatids and xenoturbellids (Bilateria incertae sedis)". Organisms, Diversity & Evolution 13 (2): 267–286. ISSN 1439-6092. PMC 3789126. PMID 24098090. doi:10.1007/s13127-012-0112-4. 
  7. Ogunlana, M. V.; Hooge, M. D.; Tekle, Y. I.; Benayahu, Y.; Barneah, O.; Tyler, Seth (2005). "Waminoa brickneri n. sp. (Acoela: Acoelomorpha) associated with corals in the Red Sea". Zootaxa 1008: 1–11. doi:10.11646/zootaxa.1008.1.1. 
  8. Boll, Piter Kehoma; Rossi, Ilana; Amaral, Silvana Vargas do; Oliveira, Simone Machado de; Müller, Eliara Solange; Lemos, Virginia Silva; Leal-Zanchet, Ana Maria (2013). "Platyhelminthes ou apenas semelhantes a Platyhelminthes? Relações filogenéticas dos principais grupos de turbelários". Neotropical Biology and Conservation (en portugués) 8 (1). ISSN 2236-3777. doi:10.4013/nbc.2013.81.06. 
  9. "The Platyhelminthes and the Acoela". Arquivado dende o orixinal o 2008-05-09. Consultado o 2009-03-21. 
  10. Hejnol A, Martindale MQ (2008). "Acoel development supports a simple planula-like urbilaterian". Phil. Trans. R. Soc. B 363 (1496): 1493–1501. PMC 2614228. PMID 18192185. doi:10.1098/rstb.2007.2239. 
  11. Hejnol A, Martindale MQ (2008). "Acoel development indicates the independent evolution of the bilaterian mouth and anus". Nature 456 (7220): 382–386. Bibcode:2008Natur.456..382H. PMID 18806777. doi:10.1038/nature07309. 
  12. "WoRMS - World Register of Marine Species - Acoela". www.marinespecies.org. Consultado o 2020-02-08.