Aceite de palma
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2019.) |
O aceite de palma é un aceite de orixe vexetal que se obtén do mesocarpo da froita da palma Elaeis guineensis. É o tipo de aceite con máis volume de produción, só superado polo aceite de soia.[1] O froito da palma é lixeiramente vermello, do mesmo xeito que o aceite embotellado sen refinar. O aceite cru de palma é unha rica fonte de vitamina A e de vitamina E.
A palma é orixinaria de África occidental, dela xa se obtiña aceite hai 5.000 anos, especialmente en Guinea Occidental de onde pasou a América, introducida logo das viaxes de Colón, e en épocas máis recentes foi introducida a Asia desde América. O cultivo en Malaisia é de grande importancia económica, prové a maior cantidade de aceite de palma e os seus derivados a nivel mundial. En América, os maiores produtores son Colombia e Ecuador.
Usos
[editar | editar a fonte]Alén de para a alimentación, o aceite de palma emprégase para os cosméticos e cremas hidratantes. O que a xente non sabe é o seu gran contido en produtos químicos á hora do seu refinamento e comercialización, dos mais daniños para o noso organismo, con propiedades canceríxenas e mutaxénicas. Marcas coñecidas emprégano nos seus produtos.
Culinarios
[editar | editar a fonte]Os usos son na súa gran maioría culinarios, ben directamente empregado como aceite de fritir ou aliñar, ben como produto engadido a outros alimentos como os xeados, as margarinas. Pódense elaborar derivados equivalentes de aceite de cacao, xabóns etc.
Industriais
[editar | editar a fonte]Úsase como materia prima na produción de biodiésel. Tamén é usado en produción de pensos para a alimentación animal, sobre todo de becerros, pola súa alta achega enerxética por ración. Na industria cosmética é utilizado para a elaboración de xabróns.
Composición
[editar | editar a fonte]O aceite de palma é saturado até nun 50%, a súa composición en media é:
- 40-48% ácidos graxos saturados (principalmente palmítico)
- 37-46% ácidos graxos monoinstaurados (principalmente oleico)
- 10% ácidos graxos poliinsaturados.
Debido á súa alta proporción de graxas saturadas, atribúenselle propiedades negativas para a saúde humana xa que o seu consumo prolongado e abundante pode subir a proporción de colesterol LDL en sangue.[2]
Industria do aceite de palma
[editar | editar a fonte]O aceite de palma extráese da porción polposa da froita mediante varias operacións. Afróuxase a froita dos acios utilizando esterilización a vapor. Logo os separadores dividen as follas e os acios baleiros da froita. Despois, transpórtase a froita aos dixestores, onde se quenta para convertela en polpa. O aceite libre drénase da polpa dixerida e logo esta esprémese e centrifúgase para extraer o aceite cru restante. É necesario filtrar e clarificar o líquido para obter o aceite purificado. Os residuos da extracción son as noces rotas e as cascas. Entón é necesario secar as sementes da palma e colocalas nas bolsas para o seu almacenamento e extracción posterior, algo que, xeralmente, se realiza noutro lugar.
O procesamento do aceite de palma produce grandes cantidades de desperdicios sólidos, na forma de follas, acios baleiros, fibras, cascas e residuos da extracción. Os acios conteñen moitos alimentos recuperables, e poden causar molestias e problemas, ao tratar de desbotalos. Normalmente, as fibras, cascas e outros residuos sólidos quéimanse como combustible, para producir vapor. A queima incontrolada dos refugallos sólidos, e o escape do aire utilizado para separar as cascas das pepas, causan contaminación atmosférica.
Os desperdicios líquidos prodúcense, principalmente, nos esterilizadores, e no clarificador do aceite. As causas principais de contaminación son as seguintes:
- A demanda de osíxeno bioquímico e químico,
- Os sólidos en suspensión,
- O aceite e a graxa
- O nitróxeno e
- Cinza orgánica.
Con todo, estase desenvolvendo por diferentes partes do mundo sistemas de tratamento ecolóxicos dos refugallos da industria.
A palma de aceite no mundo
[editar | editar a fonte]A palma de aceite é un cultivo oleaxinoso que se estendeu no mundo grazas ao seu alto potencial produtivo. Comparado con outros cultivos oleaxinosos, o seu rendemento en termos de aceite por hectárea, que promedia ao redor de 3.7 toneladas, supera as oleaxinosas tradicionais como a soia, a canola, o xirasol e o algodón, sementes que na actualidade buscan incrementar este rendemento de aceite por hectárea cultivada vía a aplicación da biotecnoloxía.
Con todo, dada a súa importancia en canto a rendemento de aceite e a superficie sementada especialmente en países como Malaisia, Indonesia, Nixeria, Tailandia, Colombia, Nova Guinea, Costa do Marfil, Costa Rica, Honduras, Brasil e Guatemala e en consecuencia pola gran produción de aceite de palma no mundo, destaca a tendencia ascendente que mantivo a produción de plantas de palma de aceite.
Malia ocupar o segundo lugar dentro da produción mundial de aceites e graxas, despois do aceite de soia, o aceite de palma é o aceite que máis se comercializa no mundo, superando por moito as exportacións do seu máis próximo perseguidor. As exportacións de aceite de palma e de soia representan algo máis do 70% do total mundial.
Malaisia e Indonesia, principais produtores de aceite de palma, son tamén os máis importantes países exportadores de aceites e graxas. En conxunto, ambos representan case o 50% do volume total exportado de aceites e graxas no mundo. Séguenlle Arxentina, Estados Unidos, Brasil e a Unión Europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ United States Department of Agriculture, Agricultural Statistics 2004. Table 3-51.
- ↑ O aceite de palma non é un sucedáneo saudable dos ácidos graxos trans Arquivado 28 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de aceite de palma |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aceite de palma |