Saltar ao contido

Acasto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acasto, fillo de Pelias, foi rei de Iolco, na Tesalia. Foi un dos homes que acompañaron a Xasón e os argonautas.

Enviou a Medea e Xasón ao exilio acusados da morte de seu pai e dispuxo a celebración de grandes xogos nos que interveu Peleo. Astidamia, muller de Acasto, namorouse de Peleo, pero ao non acceder este aos seus desexos acusouno de tentar seducila. Para se vingar Acasto convidouno a unha cacería, rouboulle a espada marabillosa que lle dera Hefesto e abandonouno entre os centauros no monte Fella, pero foi salvado por Quirón, sabendo que tiña que ser o pai de Aquiles.

Peleo, axudado por Xasón, marcha entón contra Iolco e remata coas vidas de Acasto e Astidamia, entregando o reino de Iolco a Tesalio, fillo de Xasón.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.