A noite do cazador
A noite do cazador | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Night of the Hunter |
Director | Charles Laughton |
Produtor | Paul Gregory |
Guión | James Agee |
Baseado en | The Night of the Hunter, de Davis Grubb |
Intérpretes | Robert Mitchum Shelley Winters Lillian Gish Billy Chapin |
Música | Walter Schumann |
Fotografía | Stanley Cortez |
Montaxe | Robert Golden |
Estudio | Paul Gregory Productions |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 26 de xullo de 1955 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 795 000 dólares |
Na rede | |
A noite do cazador (en inglés: The Night of the Hunter) é un filme estadounidense de 1955 dirixido por Charles Laughton e protagonizado por Robert Mitchum, Shelley Winters e Lillian Gish. O guión de James Agee baséase na novela homónima de Davis Grubb de 1953. A novela e o filme inspíranse na historia real de Harry Powers, que foi aforcado en 1932 polo asasinato de dúas viúvas e tres nenos en Clarksburg, Virxinia Occidental. O estilo lírico e expresionista apártano doutros filmes de Hollywood da mesma época e influenciou a directores posteriores como David Lynch, Martin Scorsese e Rainer Werner Fassbinder.[1]
En 1992 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry. A revista Cahiers du cinéma escolleu A noite do cazador en 2008 como o segundo mellor filme de todos os tempos, tras Cidadán Kane.[2]
Foi emitido na TVG o 12 de febreiro de 1994.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]Un home esconde unha gran cantidade de cartos roubados na boneca da súa filla Pearl. Deseguido é apresado, mais antes fixo que os seus fillos prometesen que nunca revelarían onde está o diñeiro. Condenado a morte no cárcere, soña cos cartos, o que atrae a atención do seu compañeiro de cela, o falso reverendo Harry Powell, en segredo un asasino psicópata, mais preso por un delito menor. Cando é liberado, Powell viaxa ata a cidade natal do seu antigo compañeiro de cela para descubrir o agocho do diñeiro e aproxímase á familia. Ninguén desconfía del, agás o fillo máis vello, John.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Robert Mitchum como o reverendo Harry Powell
- Shelley Winters como Willa Harper
- Lillian Gish como Rachel Cooper
- Billy Chapin como John Harper
- Sally Jane Bruce como Pearl Harper
- James Gleason como Uncle "Birdie" Steptoe
- Evelyn Varden como Icey Spoon, empregada de Willa
- Don Beddoe como Walt Spoon, marido de Icey
- Peter Graves como Ben Harper
- Gloria Castillo como Ruby, unha das nenas de Rachel
- Paul Bryar como Bart the Hangman
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Töteberg, Michael; Lensing (1992). The Anarchy of the Imagination: Interviews, Essays, Notes, Rainer Werner Fassbinder. Baltimore: Johns Hopkins University Press. p. 106. ISBN 0801843693.
- ↑ "Cahiers du Cinema 100 Films". Cahiers du cinéma. The Moving Arts. Arquivado dende o orixinal o 18-12-2013. Consultado o 13-04-2018.
- ↑ La Voz de Galicia, 12 de febreiro de 1994. Páx. 83
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Callow, Simon (2000). The Night of the Hunter. BFI Film Classics. BFI (British Film Institute). ISBN 978-0-851-70822-5.
- Couchman, Jeffrey (2009). The Night of the Hunter: A Biography of a Film. Northwestern University Press. ISBN 978-0-810-12542-1.
- Eagan, Daniel (2010). America's Film Legacy: The Authoritative Guide to the Landmark Movies in the National Film Registry. A&C Black. ISBN 978-0-826-42977-3.
- Jones, Preston Neal: Heaven and Hell to Play With: The Filming of The Night of the Hunter, Limelight Editions, 2004. 400 pages.
- Ziegler, Damien: La Nuit du chasseur, une esthétique cinématographique, Bazaar and co, 2008. 160 pages.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Análise do filme por Tim Dirks
- Análise do filme por Harvey O'Brien
- The Night of the Hunter Arquivado 13 de novembro de 2017 en Wayback Machine. en Film Noir of the Week, por Bruce Crowther
- "Why I Love Night Of The Hunter", artigo de Margaret Atwood en The Guardian
- "The Hidden Hunter", artigo de Robert Gitt en The Guardian
- The Night of the Hunter, artigo de Leonard Maltin
- "Charles Laughton Directed A Masterpiece", artigo de Amber Grey en BellaOnline
- Filmes de 1955
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Charles Laughton
- Filmes en branco e negro
- Filmes de United Artists
- Filmes sobre familias
- Filmes de suspense
- Filmes sobre crime
- Filmes sobre nenos
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1955 con versión en galego