A filla do mar
A filla do mar | |
---|---|
Título orixinal | La hija del mar |
Autor/a | Rosalía de Castro |
Orixe | Galicia |
Lingua | castelá |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Imprenta de J. Compañel |
Data de pub. | 1859 |
Seguido por | Flavio |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A filla do mar (orixinalmente La hija del mar) é unha novela en lingua castelá de Rosalía de Castro, publicada en 1859. Xa no século XXI foi traducida ao galego e publicada por Toxosoutos.
Características
[editar | editar a fonte]É unha novela romántica, de carácter folletinesco. Está adicada a Manuel Murguía, con quen Rosalía casara en 1857. Foi publicada en Vigo, pola imprenta de Juan Compañel. En maio de 1976 saíu unha edición da librería-editorial compostelá Galí.
A obra inclúe un prólogo no que a autora defende a súa condición de muller escritora, expoñendo o seu dereito a publicar este texto narrativo de ficción, se ben considera que a mediados do século XIX a muller aínda tiña problemas para publicar un texto de carácter intimista.
A novela ten influencia por autores dos gustos románticos da época. Así, hai citas de autores como Carl Franz Van der Velde, Ossian, George Sand, José Zorrilla, Lord Byron, Xoán da Cruz, Maria Susanna Cummins, Bernardin de Saint-Pierre, Charlotte Turner Smith, Goethe, Delphine de Girardin e Victor Hugo, amais do poeta culterano Luis de Góngora.
En 2001 foi publicada en galego, co título de A filla do mar, pola Editorial Toxosoutos, nunha tradución de Olga Patiño Nogueira (ISBN 84-95622-33-5).[1]
Trama
[editar | editar a fonte]A acción sitúase en Muxía, preto do Santuario da Virxe da Barca. A novela conta as vivencias tráxicas de dúas mulleres: Esperanza é unha nena orfa rescatada dun naufraxio nun con por un mariñeiro, que é entregada á súa nai adoptiva, Teresa, unha muller expósita que xa ten un fillo pequeno, se ben este morre ao pouco de recibir a pequena. Teresa, que vive de coidar o gando, cría e coida a Esperanza.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A filla do mar Editorial Toxosoutos.
- ↑ Texto integro na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- AAVV (1986). Actas do congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo, v. 1. CCG. USC:
- Mayoral, M. "La voz del narrador desde La hija del mar a El primer loco…", vol. 1, 341-366.[1]
- Ruiz Silva, Carlos. "Reflexiones sobre La hija del mar", vol. 1, 367-380.
- Matalobos, Manuel Celso. "A natureza en La hija del mar", vol. 1, 381-386.
- Carballo Calero, R. (1979). "As novelas de Rosalía". Estudos rosalianos. Aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro. Ensaios. Galaxia. pp. 195–200.Carballo Calero&rft.btitle=Estudos rosalianos. Aspectos da vida e da obra de Rosal�a de Castro&rft.date=1979&rft.genre=bookitem&rft.pages=195-200&rft.pub=Galaxia&rft.series=Ensaios&rft_id=http://cloud10.todocoleccion.online/libros-segunda-mano/tc/2009/02/26/12181116.jpg&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Lorenzo-Modia, María Jesús (2018). "Rosalía de Castro e as escritoras angloamericanas do seu tempo en La hija del mar". Follas Novas (3): 94–108.Lorenzo-Modia&rft.date=2018&rft.genre=article&rft.issue=3&rft.jtitle=Follas Novas&rft.pages=94-108&rft_id=https://follasnovas.rosalia.gal/artigo/rosalia-de-castro-e-as-escritoras-angloamericanas-do-seu-tempo-en-la-hija-del-mar/&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- March, Kathleen (2005). "Castro, Rosalía de". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.March, Kathleen&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- María do Cebreiro (2014). "La hija del mar. Un poema de Rosalía de Castro?". Revista Canadiense de Estudios Hispánicos 38 (2): 379–389. ISSN 0384-8167.Mar�a do Cebreiro&rft.date=2014&rft.genre=article&rft.issn=0384-8167&rft.issue=2&rft.jtitle=Revista Canadiense de Estudios Hispánicos&rft.pages=379-389&rft.volume=38&rft_id=https://docplayer.es/55768703-La-hija-del-mar-un-poema-de-rosalia-de-castro.html&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Reimóndez, María (2014). "Da escrita incómoda á lectura dun nosoutras" (PDF). Rosalía de Castro no século XXI. CCG. pp. 768–776.Reimóndez&rft.btitle=Rosal�a de Castro no século XXI&rft.date=2014&rft.genre=bookitem&rft.pages=768-776&rft.pub=CCG&rft_id=https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/2013Rosalia_MariaReimondez.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Outros artigos
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: La hija del mar na súa lingua orixinal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "La hija del mar: Biografía, confesión lírica y folletín", artigo de Marina Mayoral (en castelán).