A carga dos xinetes indios
A carga dos xinetes indios | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Charge at Feather River |
Director | Gordon Douglas |
Produtor | David Weisbart |
Guión | James R. Webb |
Intérpretes | Guy Madison Frank Lovejoy Helen Westcott Vera Miles Dick Wesson Onslow Stevens Steve Brodie James Brown |
Música | Max Steiner |
Fotografía | J. Peverell Marley |
Montaxe | Folmar Blangsted |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | Vernon, Texas: 30 de xuño de 1953 11 de xullo de 1953 3 de agosto de 2006 (TVG) |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Wéstern |
Recadación | 3,65 millóns de dólares (USA)[1] |
Na rede | |
A carga dos xinetes indios (en inglés: The Charge at Feather River) é un filme estadounidense do oeste de 1953 dirixido por Gordon Douglas. Estreouse orixinalmente en 3D con moitas frechas, lanzas e outras armas voando directamente sobre o público en varias escenas.[2] O filme é notable por ser a orixe do "berro Wilhelm",[3] un efecto de son empregado na serie de filmes A guerra das galaxias,[4] así como moitas outros filmes como Indiana Jones,[5] debuxos de Disney e os filmes de The Lord of the Rings.[6] En febreiro de 2018 anunciouse que Star Wars xa non usaría o berro Wilhelm.[7][8] O deseñador de son Ben Burtt foi quen lle deu o nome polo "Pvt. Wilhelm", un personaxe menor no filme que emite o famoso berro despois de ser alcanzado por unha frecha (aínda que a gravación realmente se orixinou na película de Gary Cooper Distant Drums en 1951). Cando o filme se proxectou na Segunda Exposición Mundial 3-D no Egyptian Theatre de Hollywood en 2006, gran parte do público experto no cinema rompeu en aplausos cando o soldado Wilhelm berrou.
Estreouse en galego o 3 de agosto de 2006 a través da TVG.[9]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Guy Madison como Miles Archer
- Frank Lovejoy como Sarxento Charlie Baker
- Helen Westcott como Anne McKeever
- Vera Miles como Jennie McKeever
- Dick Wesson como Soldado Cullen
- Onslow Stevens como Grover Johnson
- Steve Brodie como Soldado Ryan
- Ron Hagerthy como Johnny McKeever
- Fay Roope como Tenente Coronel Kilrain
- Neville Brand como Soldado Morgan
- Henry Kulky como Soldado Smiley
- Lane Chandler como Soldado Zebulan Poinsett
- Fred Carson como xefe Thunder Hawk
- James Brown como Soldado Connors
- Ralph Brooks como Soldado Wilhelm (voz dos berros de Sheb Wooley)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Top Box Office Hits of 1953". Variety (Penske Business Media, LLC.). 13 de xaneiro de 1954.
- ↑ Erick, Hal. "The Charge at Feather River". Allrovi. Rovi Corp. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2013. Consultado o 1 de agosto de 2018.
- ↑ Valjak, Domagoj (23 de abril de 2018). "The origin of the Wilhelm scream, the most famous sound effect in the history of cinema". The Vintage News. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ Jung, Pea (29 de agosto de 2016). Xmas Wars - Crazy about Han. Traducido por Forsdick, Charlotte. Babelcube Inc. p. 33. ISBN 9781507150726.
- ↑ Winters, Patrick (23 de xaneiro de 2017). Sound Design for Low & No Budget Films. Taylor & Francis. p. 61. ISBN 9781317557937.
- ↑ Malone, Lee Gjertsen (23 de febreiro de 2016). The Last Boy at St. Edith's. Simon and Schuster. p. 55. ISBN 9781481444378.
- ↑ Kurp, Josh (21 de febreiro de 2018). "A 'Star Wars' Tradition Dating Back To The Original Movie Has Been Retired". Uproxx. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ Dillon, Ananda (21 de febreiro de 2018). "Star Wars Has Abandoned the Iconic Wilhelm Scream". CBR.com. Consultado o 24 de agosto de 2018.
- ↑ La Voz de Galicia, 3 de agosto de 2006. Páx. 58