Saltar ao contido

A Trepa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Trepa
Cemiterio no lugar da Trepa.
Diocese: Ourense
Arciprestado Verín
Área: - km²
Poboación: 214 hab. (2014)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 3

Santa María da Trepa é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín, na diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Riós e o de Vilardevós. En 2014 a súa poboación era de 214 habitantes, dos que 98 eran homes e 116 mulleres.

Dos tres lugares que compoñen a parroquia, as aldeas de San Cristovo e A Trepa pertencen ao concello de Riós, e a de Feilas ao concello de Vilardevós.

Na Trepa celébrase a romaría máis importante[Cómpre referencia] do concello e ata da comarca de Verín. Celebrase o 15 de setembro na honra da Nosa Señora das Dores. En 1777 Pedro González de Ulloa fai mención dela, así como da da igrexa construída a carón do antigo Camiño Real, a actual estrada N-525.

Ata o 6 de outubro de 1951, esta parroquia denominábase Fumaces e A Trepa e estaba formada polos tres lugares desta parroquia máis o lugar de Fumaces. Nesa data, o daquela bispo de Ourense, Francisco Blanco Nájera, fundou a parroquia de Santa María de Fumaces no lugar mencionado.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]