A Pléiade
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Pléiade (que nun primeiro momento foi chamado «A Brigada») é un grupo de sete poetas franceses do século XVI reunidos ó redor de Pierre de Ronsard e Joachim du Bellay.
Orixes do grupo
[editar | editar a fonte]Despois da desaparición de Clément Marot, a gran figura da poesía francesa no Século XVI moitos foron os que trataron de imitar ao gran mestre, formando o que se chamou a Escola Marótica, epígonos carentes de orixinalidade entre os que destacou a figura de Mellin de Saint-Gelais. Esta escola sería o branco dos ataques dos renovadores de A Pléiade.
Con todo, e antes de que este grupo brillara no ceo poético francés, o eixo desprazouse á cidade de Lión, onde xurdiu un interesante grupo de poetas, agrupados na chamada Escola Lionesa. Unha das características deste grupo é que había poetas (Maurice Scève) e poetisas (Pernette du Guillet, Louise Labé).
A partir de 1547 e ao longo de cinco anos, unha serie de xoves admiradores da cultura greco-latina acudiron aos cursos do célebre humanista Dorat, no colexio de Coqueret, en París. Entre eles ficaban Ronsard, du Bellay e Baïf. Estudaban ós grandes mestres clásicos baixo o recente prisma do humanismo. A petición de Francisco I, traballaron tamén pola estandarización e o enriquecemento da lingua francesa, engadindo cultismos e neoloxismos que serviron para enriquecela.
A Defensa e ilustración da lingua francesa
[editar | editar a fonte]Esta obra publicouse, coa sinatura de Joachim du Bellay no 1549. Trátase dun manifesto que dalgún xeito resume a doutrina do grupo. O grupo nega a poesía como exercicio de enxeño: a misión do poeta é servir á Beleza e facer que a xenialidade francesa se manifeste. Como para facer prosperar as súas teorías era preciso ser máis belixerantes ao comezo, adoptaron o nome de A brigada. Con todo, máis adiante transformáronse en A Pléiade e, aínda que con baixas e altas máis adiante, foron (como as estrelas da constelación) sete:
- Joachim Du Bellay
- Pierre de Ronsard
- Antoine de Baïf
- Rémy Belleau
- Étienne Jodelle
- Pontus de Tyard
- Jean Dorat
Tamén se consideran membros do grupo nalgún momento Guillaume des Autels, Jacques Pelletier du Mans e Jean de la Péruse.
Defenden á vez a imitación dos autores greco-latinos e o valor cultural da lingua francesa. Manifestan o alexandrino e o soneto como formas poéticas maiores.