A Genuine Freakshow
A Genuine Freakshow | |
---|---|
Orixe | Reading, Inglaterra |
Período | 2005 - presente |
Xénero(s) | art rock, baroque pop, post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Peartree Records |
Membros | Timothy Sutcliffe Jack Bryant Marianne Casey Canning Melanie Dickson John Dunstan Simon Evans John Szmidt |
Artistas relacionados | Dry the River, Hope of the States, Lightspeed Champion, Cats and Cats and Cats, Worship, Vienna Ditto, The Wutars, Yearner Babies |
Na rede | |
agenuinefreakshow.com | |
A Genuine Freakshow é unha banda de baroque pop inglesa procedente de Reading. Fundouse no ano 2005, acadando a súa actual formación de sete membros no 2008. Despois de varios EPs e sinxelos editados, a banda lanzou o seu álbum de estrea, Oftentimes, en novembro do 2010, a través do seu propio selo Peartree Records.
Historia
[editar | editar a fonte]As orixes de A Genuine Freakshow están no mes de setembro de 2003. Nese tempo Simon Evans e Tim Sutcliffe estaban estudando na Buckinghamshire New University. O seu primeiro concerto (como trío co guitarrista Matthew Harradine) foi no pub The Roundhouse en High Wycombe. A finais do 2004 Natalie Sharp uniuse ao violín, levando á súa amiga Melanie Dickson (violonchelo), despois de que ambalas dúas visen un anuncio nunha tenda de música. A finais dos 2005, EP foi gravado ao vivo nunha noite en Beaconsfield, co novo baixista Matthew Taylor e o batería Dominic Bell.
O ano 2006 non só tivo un cambio na dirección musical da banda, indo do folk acústico cara a un son post-rock, senón que tamén tivo un drástico cambio de membros. Natalie deixou o grupo, Dominic foi substituído por Jon Burgess na batería, mentres que Evans e Sutcliffe mudáronse de High Wycombe a Reading. A comezos dos ano 2007 o EP 0.008% foi gravado coa axuda de Mike Siddell (entón en Lightspeed Champion) no vialín, e do trompetista John Dunstan de Cats and Cats and Cats, ao que a banda coñecera ao ser os seus abreconcertos. Despois de actuar continuamente coa banda, Dunstan uniuse formalmente no ano 2008.
O primeiro sinxelo do grupo, "We are the Undercurrents", foi editado en marzo de 2008, seguíndoo un segundo, "Holding Hearts", no mes de xullo. Ámbolos dous contaban cun novo baixista, o actual John Szmidt, e coa colaboración de Will Harvey ao violín, ao non atopar un substituto para Natalie Sharp. En outubro do 2008, Marianne Casey Canning sería a encargada de ocupar o seu posto, e Jack Bryant chegou máis tarde para preparar unha inminente xira e converterse no batería do grupo.
Durante o ano 2009 a banda continuou de xira e comezou a gravar novo material. O seu álbum de estrea, Oftentimes, foi rematado en abril do 2010 e editado no mes de novembro. A banda tocou en varios dos grandes festivais británicos de verán antes da edición do álbum, como o Bestival, o Summer Sundae e o Two Thousand Trees Festival.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Pastimes | 2010 | Peartree Records |
Oftentimes | 2010 | Peartree Records |
EPs
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 25 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.