A Eva futura
Aparencia
A Eva futura | |
---|---|
Título orixinal | L'Ève future |
Autor/a | Auguste Villiers de L'Isle-Adam |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela experimental, novela fantástica |
Editorial | Folio Hugin e Munin |
Data de pub. | 1886 2014 |
ISBN | ISBN 978-84-942005-6-4 |
Tradución | Isabel Soto e Xavier Senín |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Eva futura[1] é unha novela en lingua francesa de Auguste Villiers de L'Isle-Adam, publicada por vez primeira en 1886 co título orixinal de L'Ève future. Foi traducida ao galego por Isabel Soto e Xavier Senín,[2] e publicada en 2014 pola Editorial Hugin e Munin.[1]
Trama
[editar | editar a fonte]O mozo Lord Ewald namórase dunha rapaza moi fermosa pero de escasa intelixencia. Con tal premisa, o enxeñeiro Thomas Alva Edison fabrica unha andréide, que se asemella fisicamente á moza, mais que a supera con moito no plano intelectual. Esta obra, a magna do seu autor, xerou unha importante polémica pola súa marcada misoxinia[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 A Eva futura. Traducido por Isabel Soto e Xavier Senín (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2014. ISBN 978-84-942005-6-4 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 13. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
- ↑ Le symbolisme, le rêve la femme dans lart à la fin du XIXe et au début du XXe siècle. J. A. Colombet. Publibook (2011) páx. 106-108
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |