"A Beautiful Lie" é o cuarto sinxelo da banda 30 Seconds to Mars do álbum "A Beautiful Lie". O final do vídeo de "From Yesterday", o seu terceiro sinxelo, é tocada a primeira parte de "A Beautiful Lie", dando a coñecer que este sería o seu próximo sinxelo. O 2 de maio de 2007, anunciouse na páxina oficial de 30 Seconds to Mars. A banda non podía decidir se o seu próximo sinxelo sería "A Beautiful Lie" ou "The Fantasy". Ambas as cancións "contiñan mensaxes que desexabamos dar a coñecer". Nunha entrevista durante a súa xira europea, o vocalista da banda, Jared Leto, dixo que o vídeo para "A Beautiful Lie" estaría rematado para xuño ou a máis tardar xullo.
Jared Leto ademais dixo nunha entrevista por teléfono con 99X en Atlanta que o vídeo sería como un filme e un documental. En Yahoo! Music Premieres foi anunciado que o vídeo non ía ser lanzado ata 2008, o 16 de xaneiro concretamente. O 29 de xaneiro apareceu na páxina MySpace, pero EMI Records reclamou o Copyright do vídeo e a páxina eliminouno, ó igual que ocorreu con YouTube. Ó parecer, o vídeo filtrouse pola rede, o mesmo que sucedeu co CD "A Beautiful Lie". O vídeo trata, máis que nada, de crear unha conciencia sobre os efectos que produce o home polo sobre uso dos recursos que ten ó seu alcance, ou sexa, sobre o Quentamento Global. Ademais, creouse unha web para apoiar esta causa: ABeautifulLie.org