AG-53
AG-53 Autovía Dozón - Ourense | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía libre de peaxe |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 30,89 km |
Localización | |
Inicio | Alto de Santo Domingo (Dozón) - AP-53 |
Fin | Barbantes - A-52 |
A Autovía libre de peaxe Dozón - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta entre Alto de Santo Domingo (Dozón) coa conexión da Autoestrada Central Galega e Barbantes co enlace á autovía A-52 e é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.
A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios[1], mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios[2] ós oito meses da súa posta en servizo.
Construción
[editar | editar a fonte]O proxecto da autoestrada iniciouse baixo o mandato na Xunta de Manuel Fraga e con Xosé Cuíña como conselleiro de Política Territorial. A idea é unha autoestrada de peaxe de competencia estatal para unir Santiago e Ourense. Así en outubro de 1999 adxudícase a obra da AP-53 a unha agrupación de trece empresas e o dereito para a concesionaria, ACEGA, de cobrar peaxe durante 75 anos (ata ó 2074). Para a construción a Xunta tivo que achegar 60 millóns de euros a fondo perdido, mentres que Ministerio de Fomento fixo un préstamo doutros 60 millóns e a concesionaria achegou 162 millóns.
O goberno central de José María Aznar rexeita a construción do treito Dozón - Ourense por mor do escaso tráfico da AP-53. A Xunta toma a iniciativa de rematar a autoestrada ata Ourense en solitario creando, en xullo de 2003, a sociedade pública ACEOUSA, para a construción e explotación da vía e facendo un investimento de 178,9 millóns de euros. Está é a razón pola cal a autoestrada cambia de nome nese tramo. A AG-53 é construída en dous treitos:
Tramo | Lonxitude (km) | Inauguración |
---|---|---|
Alto de Santo Domingo (Dozón) - San Cristovo de Cea | 17 | Outubro 2007 |
San Cristovo de Cea - Barbantes (enlace A-52) | 14 | Abril 2009 |
A Xunta de Emilio Pérez Touriño libera a AG-53 de peaxe para os usuarios, establecendo unha peaxe na sombra, baixo a cal é a Xunta quen paga directamente á concesionaria (ACEOUSA). Tamén modifica a saída de Piñor creando un enlace completo no canto dun semienlace só con Ourense como se tiña proxectado.
A autoestrada ó completo ponse en servizo ó 25 de abril do 2009 sen acto inaugural, tras un comunicado da Garda Civil de tráfico de Ourense[3]. A razón de que non houbera acto político inaugural, fora o recente cambio de goberno que se produciu, e ó novo executivo non lle correspondía inaugurala. A placa de inauguración autoestrada di "O último treito da autoestrada Santiago - Ourense foi inaugurado ó 25 de abril do 2009. Sirva esta placa en lembranza ós que participaron no seu deseño e construción."[4]
O ramal ao Carballiño denominado AG-54, é un treito de autovía de 5 quilómetros que conecta Maside e a capital da comarca ca AG-53. O investimento neste ramal estaba presupostado na construción da AG-53. Inaugurouse en outubro de 2009.
Peaxe
[editar | editar a fonte]O treito xestionado por ACEOUSA (Autoestrada Central Ourense SA) é sufragado pola Xunta en función dos vehículos que a utilicen. O prezo por quilómetro que a Xunta ten que pagar é o mesmo que o que pagan os usuarios na AP-53[5].
Infraestruturas destacables
[editar | editar a fonte]- Viaduto do Barbantiño, de 780 m de lonxitude e altura de ata 80 m.
- Viaduto do Miño, de 440 m de lonxitude.
Saídas
[editar | editar a fonte]número de saída | nome da saída | estrada coa que liga |
---|---|---|
Fin da AG-53, pasa a ser AP-53 | AP-53 | |
65 | Piñor Ourense |
N-525 |
73 | San Cristovo de Cea O Carballiño |
OU-504 N-541 N-525 |
78 | Ramal ó Carballiño O Carballiño Maside |
AG-54 |
79 | Área de Servizo do Barbantiño (por licitar)[6] | |
Ourense Benavente Vigo Cortegada |
A-52 OU-402 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La autopista AP-53 rebasó por primera vez los 6.000 coches diarios durante los meses de julio y agosto", artigo en La Voz de Galicia, 29 de novembro de 2008 (en castelán).
- ↑ "La media de usuarios de la AG-53 se acerca a los 9.000 en Cea este año", artigo en La Voz de Galicia, 15 de decembro de 2009 (en castelán).
- ↑ "Sin peaje ni momento de gloria" Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Faro de Vigo, 26 de abril de 2009 (en castelán).
- ↑ "Hernández simboliza una "era sin personalismos" con la placa de apertura de la AG-53", artigo en El Correo Gallego, 25 de abril de 2009 (en castelán).
- ↑ "La Xunta abonará a Aceousa el mismo peaje que el marcado por Fomento para la AP-53", artigo en La Voz de Galicia, 11 de outubro de 2007 (en castelán).
- ↑ "La AG-53 sigue sin área de servicio un año después de abrirse al tráfico", artigo en La Voz de Galicia, 29 de abril de 2010 (en castelán).