Saltar ao contido

AC-173

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AC-173
Mapa
Estrada AC-173
Entrada a Mera (Oleiros) na estrada AC-173
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Complementaria
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude4,89 km
Formato1 carril por sentido
Localización
InicioO Porto de Santa Cruz
Fin AC-163  Mera

A AC-173[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades do Porto de Santa Cruz e Mera; ambas no concello de Oleiros. Ten unha lonxitude de 4,89 quilómetros e iníciase no Porto de Santa Cruz (Oleiros) e finaliza nun cruzamento coa AC-163 en Mera (Oleiros).

Percorrido

[editar | editar a fonte]

A estrada, plenamente urbana, inicia o seu percorrido no lugar de Porto de Santa Cruz (Oleiros), no cruzamento da Rúa Río Seixo até o centro de Mera (Oleiros), onde empalma coa estrada AC-163, co paseo marítimo e a praia de Mera.

Cambio de titularidade

[editar | editar a fonte]

En 2017[3] a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia dun treito da estrada AC-173 a prol do Concello de Oleiros, para a execución dunha glorieta de enlace da estrada Perillo-Mera (AC-173) coa provincial DP-5812, que une Meirás e Santa Cruz. Con esta actuación levarase a cabo unha reordenación completa do cruzamento das estradas AC-173 e DP-5812, para solucionar os problemas de tráfico existentes neste punto. Para realizar esta infraestrutura, consideráronse factores como os tráficos rodado e peonil ou o desenvolvemento urbano do ámbito da actuación.

O Concello de Oleiros encargouse da redacción do proxecto da rotonda, e da súa remisión á Axencia Galega de Infraestruturas para a súa conformidade. Ademais, xestionou os terreos necesarios e executou as obras.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, tal e como se citou anteriormente, asumiu o compromiso de financiar os gastos de execución das obras, polo que agora fixo efectiva a transferencia de titularidade deste treito, entre Perillo e Santa Cruz, comprendido entre os puntos quilométricos 0 000 e 4 300, a prol do Concello de Oleiros. Esta cesión é coherente co seu tránsito ao longo de treitos urbanos e ademais favorecerá a explotación da vía dende o punto de vista municipal.[4]